A Oficina Municipal de información Xuvenil está ubicada na Casa do Concello de Lalín, na Praza de Galicia, nº1.
O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787052.
A misión da Concellería de Xuventude é favorecer a inserción social e económica dos mozos dende a participación, para isto é recomendable presentar un Plan Anual de Actividades, estas actividades poden estar organizadas tanto pola propia Concellería como por asociacións ou colectivos. Se os mozos/as son os destinatarios de todo o traballo que desenvolve a Concellería, tamén os consideramos suxeitos activos, tanto na toma das decisións que lles afectan como na xestión dos proxectos e accións que se poñan en marcha. Deste modo, a Concellería de Xuventude debería contar coa participación dos mozos, individual e colectivamente, a través das súas Asociacións e do futuro Consello Municipal de Xuventude, no que se integrarán..
Sobre estes tres piares - participación, xestión cos mozos e coordinación, aséntase o traballo da Concellería de Xuventude, que se pretende poñer en marcha as seguintes propostas:
- Obter máis participación dos mozos, mediante a súa incorporación ó Consello Municipal da Xuventude.
- Favorecer o acceso ó emprego, mediante programas que favorezan a creación de postos de traballo, o autoemprego, a iniciativa empresarial e a formación entre a xuventude.
- Facilitar o acceso á vivenda, poñendo ó seu servicio información e asesoramento de balde no tocante a axudas , etc.
- Impulsar as relacións internacionais e intercambios entre mozos, poñendo especial énfase na participación de Programas da Unión Europea para a xuventude.
- Axudar ós mozos a definir os seus itinerarios formativos, mediante a información e o asesoramento en materia de educación.
- Promover unha ocupación do ocio e o tempo libre mediante prácticas saudables e que favorezan la convivencia.
- Desenvolver accións dirixidas a evitar prácticas de risco entre a poboación xuvenil e que contribúan ó seu desenvolvemento integral e afirmación persoal, en definitiva, que melloren a súa saúde e calidade de vida.