Navegación
Volver ao contido
ES
GL
EN
Portal de Turismo del Concello de Lalín
Que ver
Arquitectura Civil
Imprescindibles
Escultura
Museos
Espazos naturais
Prehistoria
Arquitectura Relixiosa
Cruceiros
Igrexas
Percorridos virtuais
Que facer
Compras
Empresas cárnicas
Carnicerías
Doces e licores
Lácteos
Mel
Panaderías
Praza de Abastos
Feiras e Festas
Deportes
Empresas de lecer
Roteiros de Lalín
Xardíns e áreas de lecer
Miradoiros
Onde comer
Restaurantes
Cocido
Parrillada
Comida Rápida
Tapas
Onde durmir
Hostais
Hoteis
Aloxamento Rural
Como chegar
Avión
Bus
Coche
Tren
Multimedia
Documentación dixital
Imaxes
Igrexa de Anzo (San Xoan)
Espazos Naturais
Espazo Liñares
Carteis do Cocido
Galería de porquiños do Cocido
Vídeos
Camiño Santiago
Servizos
Teléfonos de interese
Oficina de turismo
Buscar
Pechar
Buscar
Buscar
Que ver
Espazos naturais
Falar de Lalín é falar de natureza, de miradoiros dende os que descubrir que o verde, o ocre, o amarelo ou o púrpura teñen centos de matices. Carballeiras, soutos e fragas de conto engalanan este municipio. Impoñentes árbores como os carballos de Vilatuxe, Espinosa ou Bermés, a sobreira do Vento, a árbore do incenso de Rodís, e tantos outros, elévanse como maxestosos centinelas do paso da historia.
Escultura
Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.
Museos
Como sucede cos agasallos, nos museos o importante está no interior, pero o envoltorio desata a nosa imaxinación tentando anticipar que é o que nos agarda dentro. Un pazo do século XVIII restaurado con gusto exquisito, unha aldea na que contido e continente se funden, a vivenda dun xenio científico, un edificio de vangarda, e ata a propia natureza no seu esplendor fan dos museos de Lalín lugares fascinantes.
Prehistoria
Os numerosos recursos naturais do noso territorio, con abundancia de ríos e bosques, caza e pesca, fixeron que a comarca de Deza e o noso concello en particular fose poboado dende tempos antigos. Proba disto son as múltiples pegadas que os nosos devanceiros deixaron como testemuños do seu paso.