Arraigada escultura dun artista que desenvolve o seu traballo inicialmente en madeira.
Trátase dunha obra de pedra con dúas partes: a típica peaña que sostén a figura tórnase nun só elemento, que se pode entender ben como unha figura apoiada na base, ben como se a figura saíse do bloque, ou mesmo como se unha parte da anatomía se xeometrizara.
A parte inferior apenas traballada aproveita a xeometría irregular das fendiduras da barrena da pedra, recordando o testamento do escultor alemán Ulrick Rúckriem.
A parte superior tamén ten influencias do expresionismo alemán, engadíndolle un dobre perfil propio do cubismo para representar unha figura andróxina en postura meditativa, repousante e altiva.
Policromía parcial no pelo e nos ollos, que resalta a textura da pedra da base e o basto acabado do corpo.
Finalmente a unión entre as dúas pezas realízase en cemento que, ademais de servir de pegado, figura intencionadamente como outro material en si.
(Texto traducido, orixinal de : Alicia Fernández Dapena)