O quiosco é un cubo de pedra no que se empraza un pequeno recinto para despacho de tapas ou bebidas, dispón dun peche de madeira pregable que cando está aberto fai a función de viseira protectora do sol e da choiva. Na outra metade do cubo, dous aseos públicos para homes e mulleres. Unha escaleira exterior de pedra da acceso á terraza da cuberta. Ó redor da terraza un banco de pedra con respaldo para gozar da visión dos carballos. Mirador-atalaia-altar franqueado por un par de portas encarnadas. Contraste entre complementarios: o vermello das portas e o verde do contorno; sintonía no gris da pedra e o verde dos liques. Arquitectura con evidente compoñente escultórico.
A mesa familiar é unha mesa de pedra de forma elíptica rodeada dun banco de seis tramos consecutivos sobre bases paralelepípedas. As súas grandes dimensións - 11 m de longo e 2,50 m de ancho - dan boa cabida á familia máis numerosa.
(Texto traducido, orixinal de : Alicia Fernández Dapena)