Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Ó Neno Labrego
Autor
Francisco Castro
Ano
2011
Materiais
Granito
Enderezo
Rúa Memorias dun Neno Labrego
Coordenadas
42.6630278, -008.1083333

Esta estatua de granito representa a Balbino, o neno protagonista da novela Memorias dun Neno Labrego escrita por Xosé Neira Vilas, portando o seu diario e o tirapedras, acompañado do seu can Pachín. Balbino é un rapaz de aldea, no que moitas xeracións de nenos galegos se viron reflectidos, e que nos axuda a entender, coas súas aventuras e desventuras, como era a vida no rural galego a mediados do século XX.

Con esta escultura réndese homenaxe a este autor nado na comarca de Deza.

Imagen Ó Neno Labrego