Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

O Neno
Autor
Buciños (Manuel García Vázquez)
Ano
1988
Materiais
Bronce e granito
Enderezo
Unión peonil da Rúa Joaquín Loriga coa Rúa Observatorio
Coordenadas
42.6607778, -008.1125278

Sobre unha peaña de granito o artista sitúa unha parella de rapaces que xogan ás lombas. O máis miúdo deles é captado no intre preciso en que dá o salto no aire, sostido por outro rapaz máis corpulento. O escultor anímase a rompe-lo volume co fin de sacar partido dos buratos na combinación de cheos e baleiros, cóncavos e convexos. Recoñecemos nas formas sinxelas a man deste autor que escolle como outras moitas veces o tema dos nenos, movido polo sentido lúdico co que lle gusta impregnar as súas creacións. Dinamismo e elegancia únense conformando unha figuración chea de ritmo.

(Texto traducido, orixinal de : Alicia Fernández Dapena)

Imagen O Neno