Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Monólito homenaxe a Raúl Alfonsín
Autor
Descoñecido
Ano
1984
Materiais
Pedra
Enderezo
Parque de Joaquín Loriga
Coordenadas
42.6619722, -008.1130556

Monólito conmemorativo da estadía en Lalín do presidente da República Arxentina D. Raúl Alfonsín.

No ano 1984, o presidente arxentino realizou unha visita de estado a España. Logo de concluídas as súas obrigacións institucionais, cursou visita privada a Galicia. A Lalín desprazouse para render homenaxe a Aurelio Cortizo, amigo galego-arxentino de Alfonsín que durante a ditadura arxentina o acubillou no Centro Hijos del Partido de Lalín de Buenos Aires.

En Lalín foi recibido con gran entusiasmo por unha multitude de mais de 15.000 persoas e nomeado Fillo Adoptivo da vila.

Imagen Monólito homenaxe a Raúl Alfonsín