Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Homenaxe a Xosé Cuíña
Autor
Buciños (Manuel García Vázquez)
Ano
2008
Materiais
Bronce e granito
Enderezo
Avda. Xosé Cuiña, nas inmediacións do Castro Tecnolóxico
Coordenadas
42.6597222, -008.1171667

Esta escultura foi realizada polo artista a petición da Asociación de Empresarios de Deza coa finalidade de homenaxear a Don Xosé Cuiña Crespo, con motivo do primeiro aniversario do seu falecemento. A obra representa ao político de pé, a tamaño real, en actitude de conversa. A escultura é unha síntese do personaxe, onde o volume xurde do oco, crea espazos imaxinarios, xogando coas concavidades e convexidades como nexo de unión co espectador.

Imagen Homenaxe a Xosé Cuíña