Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Busto de Vidal Payo
Autor
O Vila (Luís Ferreiro)
Ano
2009
Materiais
Granito
Enderezo
Praza da Vila
Coordenadas
42.6608889, -008.1115000

Busto de granito, material que el mesmo empezou a traballar con tan só 13 anos nos montes de Alemparte (Lalín), a súa terra natal. Canteiro e escultor, con 19 anos xa tiña a súa propia cuadrilla de canteiros. Podemos atopar obras súas en distintas vilas galegas, pero tamén en Madrid, Alemania e Argentina e, como non en Lalín, onde ademais de esculturas, imaxes relixiosas e cruceiros foi o encargado da ampliación da igrexa construindo as naves laterais, a sacristía e o campanario da mesma.

Finou en 2008 e este busto foi inaugurado no primeiro aniversario do seu pasamento para recordar a súa figura.

Imagen Busto de Vidal Payo