Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Busto de Joaquín Loriga e Percorrido do Raid Aéreo Madrid - Manila
Autor
Félix Gil Gil
Ano
1989
Materiais
Granito
Enderezo
Parque de Prado. Prado - Lalín
Coordenadas
42.6838889, -008.1851944

Dúas obras diferenciadas pero relacionadas entre si situadas no mesmo parque na localidade natal de Joaquín Loriga, Prado. Joaquín Loriga é un dos Fillos Ilustres de Lalín e naceu no Pazo de Liñares, sito a pouca distancia deste parque.

Militar do exército do aire, como se aprecia no uniforme que loce neste busto, foi o encargado de realizar o vó de proba do autoxiro de Juan de La Cierva en 1926. Pouco despois, nese mesmo ano, emprendeu a maior aventura da súa vida, xunto con outros dous pilotos Gallarza e Estevez e os mecánicos Pérez, Calvo e Arozamena. Percorreron máis de 18.000 quilómetros entre Madrid e Manila, a bordo de cadanseus Breguet 19, en dezaseis etapas durante trinta e oito días. Este traxecto está reflexado en outra escultura do parque, na que sobre un gran disco pétreo aparece o mapa do mundo en bronce no que se observa a ruta seguida.

En 1927 Joaquín Loriga perecía nun accidente aéreo no aeródromo de Cuatro Vientos en Madrid.

Imagen Busto de Joaquín Loriga e Percorrido do Raid Aéreo Madrid - Manila