O traballo ten dúas partes diferenciadas de material, forma, definición e acabado.
Por unha banda a estructura do basamento: cinco pezas feitas con pedra, textura de bigarda gorda, xeometría de paralelepípedos distribuídos irregularmente como unha especie de escada que chega enriba dun monólito.
Doutra banda, nova superposición-acumulación de elementos, agora humanos; familia proletaria que se alza ó ceo sen separarse dunhas pezas dentadas que simulan rodas industriais; alusión directa á elevación da familia a través do traballo.
Marcado contraste entre o macizo pedestal de liñas rectas e a escultura curvada e recortada por múltiples ocos coa intención de alixeira-las figuras que avanzan unidas cara ó infinito.
(Texto traducido, orixinal de : Alicia Fernández Dapena)