Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Imaxe: Sen título (Figuras Humanas)

Sen título (Figuras Humanas) Composición formada por varias figuras de formigón, obra de Carlos Rial.

Imaxe: Sen título

Sen título Obra en granito de José Puchaes.

Imaxe: Sen título

Sen título Obra en granito do artista lalinense Willy.

Imaxe: Sen título

Sen título Obra en aceiro e pedra de Xosé Couto Codeseira.

Imaxe: Quiosco e Mesa Familiar

Quiosco e Mesa Familiar Obra en granito de César Portela.

Imaxe: Peregrino II

Peregrino II Obra en aceiro corten de Manuel García Guerra

Imaxe: Peregrino I

Peregrino I Obra de Manuel García Guerra feita en aceiro corten.

Imaxe: Pelexa de Cabalos

Pelexa de Cabalos Obra en bronce de Juan José Oliveira.

Imaxe: Oratorio, Pavillón da Auga e Mesa Parroquial

Oratorio, Pavillón da Auga e Mesa Parroquial Obras de César y Sergio Portela en granito e bronce.

Imaxe: Ó Neno Labrego

Ó Neno Labrego Obra de Francisco Castro en granito. Representa a Balbino, protagonista da novela "Memorias dun neno labrego" escrita por Xosé Neira Vilas.

Imaxe: O Neno

O Neno Obra en granito e bonce de Manuel García Vázquez, máis coñecido como Buciños.

Imaxe: Ó Emigrante

Ó Emigrante Monolito de granito que contén un baixorrelevo de bronce cunha escena típica da emigración. Obra de José Mª Acuña.

Imaxe: Monumento ó Porco

Monumento ó Porco Escultura en bronce, obra de Manolo Rial.

Imaxe: Monumento Conmemorativo Irmanamento Lalín-Escaldes

Monumento Conmemorativo Irmanamento Lalín-Escaldes Obra en granito rosa de Sergi Mas.

Imaxe: Monumento a Ramón María Aller Ulloa

Monumento a Ramón María Aller Ulloa Estatua, obra de Francisco Asorey, coa que se homenaxeou a Ramón Mª Aller no ano 1960 ao tempo que se nomeaba fillo ilustre de Lalín.

Imaxe: Monumento a Joaquín Loriga

Monumento a Joaquín Loriga Escultura en granito con bronce obra de Francisco Asorey.

Imaxe: Monólito homenaxe a Rosalía de Castro

Monólito homenaxe a Rosalía de Castro Conmemoración do Día das Letras Galegas.

Imaxe: Monólito homenaxe a Raúl Alfonsín

Monólito homenaxe a Raúl Alfonsín Monólito conmemorativo da estadía en Lalín do presidente da República Arxentina D. Raúl Alfonsín.

Imaxe: Leiteira

Leiteira Figura de granito que representa a unha muller rural galega, levando na cabeza un balde de leite.

Imaxe: A Danza dos Amantes

A Danza dos Amantes Obra de Javier Iván Hita en granito, Top Coat e cobre.

Imaxe: Homenaxe ó Labrego

Homenaxe ó Labrego Obra de José Mª Acuña en bronce.

Imaxe: Homenaxe a Xosé Cuíña

Homenaxe a Xosé Cuíña Estatua obra de Buciños en bronce e granito.

Imaxe: Homenaxe a Willy

Homenaxe a Willy Versión en bronce dunha obra anterior de Willy feita en madeira. Con ela homenaxeouse ao autor no primeiro aniversario do seu pasamento.

Imaxe: Escudo de Lalín

Escudo de Lalín Con oito metros de altura representa o escudo de Lalín fetito en granito e bronce

Imaxe: Cartografía da Pedra

Cartografía da Pedra Obra de Javier Iván Hita, componse de dez esculturas feitas en bolos.

Imaxe: Busto de Vidal Payo

Busto de Vidal Payo Obra de O Vila, foi inaugurado, para recordar a Vidal Payo, no primeiro aniversario do seu pasamento.

Imaxe: Busto do Matemático Rodríguez

Busto do Matemático Rodríguez Obra en granito de Félix Gil, representa a Pedro José Rodríguez, tamén coñecido como o Matemático Rodríguez.

Imaxe: Busto de Varela Buxán

Busto de Varela Buxán Obra en granito de Félix Gil.

Imaxe: Busto de Joaquín Loriga e Percorrido do Raid Aéreo Madrid - Manila

Busto de Joaquín Loriga e Percorrido do Raid Aéreo Madrid - Manila Obra en granito de Félix Gil, representa ao gran aviador nado no Pazo de Liñares en Prado.

Imaxe: Alma de Vento

Alma de Vento Obra en granito de José Rocha Pino

Imaxe: Á Nai

Á Nai Obra en granito de Vidal Payo

Imaxe: A Laxeiro

A Laxeiro Obra en pedra de O Vila, representa ao xenial artista José Otero Abeledo coñecido como Laxeiro

Imaxe: A Familia

A Familia Obra en bronce e granito de Buciños

Imaxe: Á Deusa Deza

Á Deusa Deza Obra en bronce e granito de Acisclo Manzano