Localidade | Distancia máis curta km | Ruta máis rápida |
Chantada | 35,5 | 31 minutos |
Santiago de Compostela | 54,3 | 39 minutos |
Ourense | 55,4 | 37 minutos |
Monforte | 65,3 | 53 minutos |
Pontevedra | 68,5 | 1 hora 5 minutos |
Lugo | 69,8 | 56 minutos |
Vilagarcía de Arousa | 73,6 | 1 hora |
Vigo | 95,2 | 1 hora 20 minutos |
Sanxenxo | 98 | 1 hora 7 minutos |
A Coruña | 107 | 1 hora 10 minutos |
Ferrol | 125 | 1 hora 22 minutos |
Fisterra | 130 | 1 hora 36 minutos |
A Guarda | 145 | 1 hora 35 minutos |
Viveiro | 168 | 1 hora 54 minutos |
Ribadeo | 176 | 1 hora 55 minutos |
Aparcamento
Aparcar na vila de Lalín resulta sinxelo, xa que nas rúas máis céntricas está habilitada a coñecida como “zona azul”, na que se pode estacionar durante hora e media para fluidificar o aparcamento, para iso é necesario dispoñer dun disco que se consegue de xeito gratuito nos comercios ou no concello.
O aparcadoiro municipal Aldea Grande, cuberto e vixiado, está situado no mesmo centro da vila e nel podese aparcar gratuitamente de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, de luns a sábado (excepto festivos). No resto do horario o custe é de 1€ a primeira hora e 40 cént. as seguintes.