A Maleta Viaxeira é unha iniciativa de préstamo de libros relacionados coa Violencia de Xénero, que se prestará durante dous meses a aquelas Asociacións e Colectivos de Lalín que o soliciten coa intención de axudar á reflexión, á sensibilización e á concienciación de temas tan determinantes como a Violencia sobre as Mulleres, a Igualdade, os Estereotipos e os Roles que nos tocan vivir.
Os libros que están na maleta viaxeira contra a violencia poderán ser prestados ás persoas que formen parte de dita Asociación ou Colectivo para a súa lectura ou empregados en espazos como clubes de lectura. O persoal da Oficina de Igualdade poderá participar como persoas expertas facilitadoras segundo disponibilidade e baixo demanda da Asociación.
A solicitude desta maleta farase rexistrando o documento de solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Lalín.
A maleta viaxeira recollerase e entregarase na Oficina de Igualdade do Concello de Lalín.