SHARPMONY

O CMUS Profesional de Lalín é unha entidade colaboradora xunto coa Universidade de Extremadura (UNEX) co proxecto Sharpmony, unha ferramenta baseada na intelixencia artificial para axudar aos estudantes de harmonía.

Sharpmony é a primeira ferramenta baseada en Intelixencia Artificial para axudar aos estudantes de Harmonía e os seus profesores. Utilizando as últimas tecnoloxías de IA desenvolvidas na Universidade de Estremadura, integra unha aplicación móbil e un portal web que permitirá ao estudante revisar exercicios de harmonía clásica (SATB).

Doutra banda, os profesores de harmonía poderán xestionar os seus alumnos, crear e asignar exercicios a grupos de alumnos, e comprobar o seu traballo diario, con historial de correccións que van recibindo de modo on-line.