Saúdo do Alcalde

Saúdo do Alcalde

Benvidos á páxina web do Concello de Lalín. lalin.gal é o espazo virtual do noso Concello que pretende ser o portelo de entrada virtual ás máis de medio cento de parroquias que compoñen este espazo común que é Lalín. Un taboleiro no que poder coñecer as actividades culturais, as características dos nosos lugares, a súa historia, saber algo máis dos nosos fillos ilustres e saber das últimas novas do noso entorno.

Ca última actualización, a nosa páxina web mellora un aspecto crucial nos tempos que vivimos como é todo o que ten que ver coa administración electrónica e a relación da entidade co cidadán. Tramitacións, solicitudes, entrega de documentación ou seguimento do expedientes son cada día máis accesibles dende a plataforma dixital e unha posibilidade real e implementada coas últimas tecnoloxías.

Este portal lalin.gal irá medrando en prestacións e servizo aos veciños e cidadáns para facilitar a súa relación co Concello. Nos últimos anos foron medrando as prestacións e tentaremos de que cada día se vai incrementando esta oferta de servizos para que calquera veciño de Lalín poida realizar, dende a súa casa ou dende onde se encontre, as mesmas tramitacións que se poden realizar de xeito presencial nas instalacións da Praza de Galicia.

Este Concello virtual, como corresponde a unha administración viva e moderna, irá medrando pouco a pouco para ir reflectindo as accións da corporación, servindo de acubillo ás iniciativas sociais e culturais e servindo como nexo de unión entre todos os lalinenses e todos aqueles que se acheguen as nosas terras.

Convídovos a todos a coñecer os contidos deste portal de Lalín e que sirva de punto de referencia informativa para os que queiran coñecer este KM0 de Galicia.

ALCALDE DE LALÍN

JOSÉ CRESPO IGLESIAS

km0