NORMATIVA:
-Real Decreto 1971/1999 do 23 de decembro , de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. (BOE nº 22 do 26 de xaneiro do 2000)
- Real Decreto 1169/2003, de 12 de setembro, polo que se modifica o anexo I do Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. (BOE nº 238 do 04/10/20003)
- Orde do 29 de decembro de 2000 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade. (DOG nº 16 do 23/01/01)
- Real Decreto 1856/2009, de 4 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade, e polo que se modifica o Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro.(BOE nº 311 do 26/12/2009)
- Real Decreto 1364/2012, de 27 de setembro, polo que se modifica o Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.(BOE nº 245 do 11/10/2012)
OBXECTO :
Regulamento do recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade de unha persoa.
CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE :
documento que acredita a discapacidade das persoas. Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.
Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Se ás persoas valoradas se lles recoñece unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.
PERSOAS SOLICITANTES :
Persoas de calquera idade españois, nacionais de países comunitarios e estranxeiros que se encontren en posesión da correspondente autorización administrativa de residencia.
REQUISITOS :
ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.
DOCUMENTACIÓN :
.Solicitude.
.Fotocopia compulsada do DNI ou, no seu defecto, libro de familia ou partida de nacemento. No caso de estranxeiros fotocopia compulsada da tarxeta de residente.
. Se é o caso, fotocopia compulsada do representante legal e do documento acreditativo da representación legal ou garda de feito. Declaración do gardador de feito.
.Fotocopia compulsada dos informes médicos e/ou psicolóxicos actualizados.
.Xustificante de ingresos da unidade familiar.
BENEFICIOS.- permite o acceso a:
- Emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Fomento da contratación indefinida na empresa ordinaria.
- Integración laboral en centros especiais de emprego e emprego autónomo.
- Deducións na declaración da renda.
- Reducións do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).
- Reducións no Imposto sobre Sucesións.
- Deducións no Imposto de Sociedades.
- Exención no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
- Exención no Imposto de matriculación de vehículos.
- Reducción do 50% do importe das taxas para solicitar a prórroga de vixencia do permiso ou outra autorización administrativa para conducir da Xefatura Central de Tráfico (Lei 66/1997, do 30/12/97, BOE do 31/12/97).
- Exención de taxas para acceder ás probas selectivas no emprego público estatal e para as probas de aptitude previas ó exercicio de profesións reguladas na Unión Europea. (Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE 31/12/97 e Lei 50/1998, do 30 de decembro, BOE 31/12/98).
- Tarxeta Dourada de RENFE. Reducións mínimas do 25% para viaxes rexionais, cercanías, AVE e longo percorrido.
- Descontos no prezo do transporte público que ofertan algúns concellos ó colectivo de persoas con discapacidade (BONO-BUS).
- Tarxeta de Estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
- Facilidades de acceso á vivenda.
- Facilidades de acceso á educación.
- Facilidades de acceso á formación ocupacional.
- Termalismo Social do IMSERSO.
- Familia Numerosa.
O recoñecemento do grao de discapacidade entenderase producido dende a data de solicitude.
Na resolución deberá figurar necesariamente a data en que pode ter lugar a revisión.
REVISIÓN DO GRAO DE DISCAPACIDADE : O grao de discapacidade será obxecto de revisión sempre que se prevexa unha melloría razoable das circunstancias que deron lugar ao seu recoñecemento, debendo fixarse o prazo en que debe efectuarse esta revisión.
En todos os demais casos, non se poderá instar a revisión do grao por agravamento ou melloría sempre que, polo menos, transcorrera un prazo mínimo de dous anos dende a data en que se ditou resolución, excepto nos casos en que se acredite suficientemente erro de diagnóstico ou se produciran cambios substanciais nas circunstancias que deron lugar ó recoñecemento do grao, en que non será preciso esgotar o prazo mínimo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: todo o ano.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- Concellería de Benestar e Emigración previa cita chamando ao teléfono 986780014 ou persoalmente nas oficinas da concellería sitas en Praza de Galicia, 1 – Lalín.
-Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar .- Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidade da Provincia de Pontevedra:
Avenida de Vigo, 16
36003 – Pontevedra
Tlf: 986 844 740 Fax: 986 863 025