O curso desenvolverase integramente entre os días 9 e 12 de xullo de 2024 no SALÓN TEATRO do AUDITORIO DE LALÍN (Rúa Banda da Música, s/n - Lalín) en horario de mañá e tarde.
Trátase dun curso imprescindible, e cunha programación ambiciosa, na que se abordarán aspectos, contidos e problemáticas de gran interese no momento actual, e no que intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e dende diferentes ámbitos de actuación no territorio nacional e internacional, Universidades, Institutos, Administracións, Asociacións, Fundacións, Empresas...
Isto é posible grazas a colaboración institucional e privada, xa que o curso coorganizado pola Universidade de Santiago, a través do Instituto de Ciencias de Educación (ICE) e polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, está co-financiado pola USC, Concello de Lalín e con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
Conta ademais con colaboracións da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia; FEGAMP; Deputación de Pontevedra; EXDEHU; CSIF e CIM.
Martes 9 de xullo
9:00 h. Entrega de materiais
9:30 h. Inauguración oficial do curso
10:00 h. Conferencia inaugural
PORNIFICACIÓN DA SOCIEDADE. VIOLENCIA SEXUAL E MISOXINIA NA PORNOGRAFÍA.
LYDIA DELICADO MORATALLA
Profesora Universidade Pública de Navarra. Doutora en Estudos Interdisciplinares de Xénero.
11:15 h. Rolda de preguntas - Debate
11:45 h. Pausa
12:15 h. Conferencia
PORNOEXPLOTACIÓN.
MABEL LOZANO
Directora, Guionista e Documentalista e Activista Social.
13:30 h. Rolda de preguntas - Debate
14:00 h. Descanso
16:00 h. Conferencia
CIBERCRIMINALIDADE SEXUAL.
Mª CARMEN REBOLLEDO OLMEDO
Fiscal da Sección de Criminalidade Informática da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
17:15 h. Rolda de preguntas - Debate
17:45 h. Pausa
18:15 h. Conferencia
PORNOADICCIÓN.
JORGE GUTIÉRREZ
Periodista e autor de "La trampa del sexo digital". Impulsor e director da ONG Dale Una Vuelta.
19:30 h. Rolda de preguntas - Debate
20:00 h. Fin xornada
Mércores 10 de xullo
10:00 h. Conferencia
CIBERVIOLENCIA, IGUALDADE E DELITO: NOVOS DERROTEIROS PARA UNHA MODALIDADE DE VIOLENCIA CLÁSICA.
MARÍA ACALÉ SÁNCHEZ
Catedrática de Dereito Penal na Universidade de Cádiz.
11:15 h. Rolda de preguntas - Debate
11:45 h. Pausa
12:15 h. Conferencia
MASCULINIDADES.
IVÁN GÓMEZ BELTRÁN (Iván Gombel)
Historiador e Doutor en Xénero e Diversidade.
13:30 h. Rolda de preguntas - Debate
14:00 h. Descanso
16:00 h. Conferencia
MACHOSFERA.
LIONEL DELGADO ONTIVERO
Doutor en Socioloxía, Investigador e Activista sobre Masculinidades.
17:15 h. Rolda de preguntas - Debate
17:45 h. Pausa
18:15 h. Conferencia
DESMONTAR A MASCULINIDADE, CONSTRUÍR A EQUIVALENCIA.
OCTAVIO SALAZAR
Catedrático Dereito Constitucional na Universidade de Córdoba.
19:30 h. Rolda de preguntas - Debate
20:00 h. Fin xornada
Xoves 11 de xullo
10:00 h. Conferencia
OBSTÁCULOS E OPORTUNIDADES DA I.A. PARA A COEDUCACIÓN E A EDUCACIÓN SEXUAL: UNHA FORMULACIÓN DESDE AS PEDAGOXÍAS CRÍTICAS.
SORAYA CALVO GONZÁLEZ
Profesora na F.CC. da Educación da Universidade de Oviedo.
11:15 h. Rolda de preguntas - Debate
11:45 h. Pausa
12:15 h. Conferencia
EXPLICANDO A INTELIXENCIA ARTIFICIAL DESDE A ÓPTICA FEMINISTA.
EVA CERNADAS GARCÍA
Prof. da Área Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.
13:30 h. Rolda de preguntas - Debate
14:00 h. Descanso
16:00 h. Conferencia
ECOFEMINISMO PARA OUTRO FUTURO POSIBLE.
ALICIA PULEO
Catedrática de Filosofía Moral e Política da Universidade de Valladolid.
17:15 h. Rolda de preguntas - Debate
17:45 h. Pausa
18:15 h. Conferencia
FEMINISMO E ANTIESPECISMO.
CATIA FARIA
Doutora en Filosofía Moral e Profesora na Universidade Complutense de Madrid.
19:30 h. Rolda de preguntas - Debate
20:00 h. Fin xornada
Venres 12 de xullo
10:00 h. Conferencia
COEDUCAR PARA PREVIR AS VIOLENCIAS.
CARMEN RUIZ REPULLO
Profesora de Socioloxía na Universidade de Jaén
11:15 h. Rolda de preguntas - Debate
11:45 h. Pausa
12:15 h. Conferencia
ARTE E XÉNERO.
EUGENIA TENEMBAUM
Historiadora da Arte especializada en perspectiva de Xénero
13:30 h. Rolda de preguntas - Debate
14:00 h. Acto de clausura