Luns, 10 Setembro 2012 09:12
Luns, 10 Setembro 2012 09:12
Premio Juana de Vega de investigación en CC. Sociais e Humanidades
Luns, 10 Setembro 2012 09:12
A Cátedra Juana de Vega de Formación e Investigación convoca o Premio Juana de Vega de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais en dúas modalidades.
Modalidade A
Dirixida a Doutores que realicen a súa investigación nalgún dos eidos ós que estivo vencellada a figura de Dna. Juana de Vega: Liberalismo, Historia Política, Historia Agraria, e Historia de Xénero na Idade Contemporánea.
Modalidade B
Dirixida a Postgraduados co “Máster Universitario en Historia Contemporánea” (Universidades do País Vasco, Santiago de Compostela, Complutense de Madrid, Valencia, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Cantabria e Zaragoza) que teñan realizado o seu Traballo de fin de Máster nalgún dos eidos mencionados –véxase modalidade A- durante o ano natural de 2012.
Condicións de presentación
Os traballos deberán ser inéditos, cunha extensión non inferior a 80 folios (2.100 caracteres/folio), e seguirán as normas de presentación recollidas na páxina Web da Cátedra. Non se admitirá máis dun traballo por investigador.
Premio
O premio está dotado con 6.000 € na modalidade A e 2.000 € na modalidade B, mais a publicación dos traballos premiados na colección Publicacións da Cátedra Juana de Vega (USC), series Monografías e Cadernos de Investigación respectivamente.
Presentación e prazo
Os traballos presentaranse sen nome e sinatura, acompañados dun sobre, identificado polo título, cos datos persoais do autor máis copia do DNI e de documento acreditativo ben da condición de Doutor (modalidade A) ben do título de Máster (modalidade B).
O prazo de presentación dos traballos remata o día 31 de decembro de 2012. Deberán ser enviados á Secretaría da Cátedra Juana de Vega: Departamento de Hª Contemporánea e de América, Facultade de Xeografía e Historia, Praza da Universidade s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).
http://www.usc.es/catedras/juanadevega/convocatorias.htm