Praza de Abastos

 

A Praza de Abastos de Lalín, sita na rúa Rosalía de Castro n.º 20, é un antigo edificio de pedra, que data do ano 1900 e conta con protección ambiental. Ten acceso a través de tres rúas, a xa devandita, a rúa Molinera e o Campo da Feira. No acceso a través do campo da Feira conta con un amplo aparcamento de balde e tamén rampla de acceso para persoas de mobilidade reducida e carriños (de bebé ou da compra). A súa superficie é de 1608 metros cadrados repartidos en dúas plantas, coa seguinte distribución:

 

1. Primeira planta, sitúanse os seguintes postos de venda:

 

  • Carnicería Luís, todo tipo de carnes.
  • Carnicería Failde, todo tipo de carnes.
  • Peixería Gómez, peixe e marisco fresco.
  • Froitas e verduras Anxela.
  • Riquiña, produtos ecolóxicos e a granel.
  • A Hortiña da Praza, froitas e verduras frescas.
  • Eroski City, supermercado da devandita cadea, onde mercar froita fresca, carnes e fiames envasados, pan, doces e empanadas, ademais dos artigos propios deste tipo de establecementos.
  •  

2. Segunda planta: aseos.

HORARIO COMERCIAL: de lunes a sábado de 9:00 h a 21:00 h.

En redes: https://es-es.facebook.com/prazadeabastosdelalin poderán seguir as actividades de promoción e produtos que se ofertan.

Esta Praza é un referente do comercio local e de proximidade dentro da vila, ademais de un edificio de valor arquitectónico, e como tal é obriga do Concello de mantelo en boas condicións de uso, é por elo que se levaron a cabo obras de conservación e mellora centradas en dous puntos fundamentais:

 

  1. - Mellorar a envolvente térmica do edificio, para solucionar con elo os problemas de filtracións de humidades.
  2. - Crear un acceso aos aseos para persoas con mobilidade reducida e carriños, sitos na planta baixa e ata agora só accesibles por escadas.

Estas obras de mellora foron acometidas coa financiación nun 80% grazas a unha subvención concedida polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da medida 7.4 do PDR de Galicia 2014-2020.

 

 

Documentos