Do 21 ao 23 de marzo, Lalín acollerá o Congreso de Arqueoloxía de Deza (CADLalín2025), unha cita imprescindible para profesionais, estudantes e amantes da historia e o patrimonio. Un evento organizado por CaDo Arqueoloxía e polo Concello de Lalín que contará con relatorios, visitas guiadas e actividades para achegar a arqueoloxía a toda a cidadanía.
18 marzo 2025