mércores, 9 xullo 2025 Hoxe falamos coa concelleira Karen Fernández Lamela sobre o desenvolvemento do programa "Xoga Lalín", que está a dinamizar as tardes de verán no noso concello. Podcast
xoves, 3 xullo 2025 En Radio Lalín tivemos a oportunidade de entrevistar a José María Vázquez, coordinador de colectas de ADOS, para falar da importante labor da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. E temos unha cita moi importante! A unidade móbil de ADOS achegarase a Lalín estes días para facilitar a doazón de sangue Podcast
mércores, 2 xullo 2025 Falamos con Alba Forno, voceira do grupo municipal do PsdeG PSOE e secretaria xeral da agrupación do PsdeG PSOE no Concello de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
mércores, 25 xuño 2025 Hoxe en Radio Lalín temos connosco a Avelino Jácome, director do movemento cultural Nós, A Xente do Redor, que este domingo 29 de xuño presentará en Lalín o número 18 da súa revista homónima. Podcast
martes, 24 xuño 2025 A Banda de Lalín prepárase para a súa tradicional festa anual, que terá lugar este sábado 28 de xuño na explanada situada diante do Auditorio Municipal. Unha xornada completa para celebrar a música e a confraternidade Podcast
luns, 23 xuño 2025 Hoxe conversamos con Álvaro Martínez García, a alma de Dezabellas, unha pequena grande xoia da apicultura galega con sede en Lalín. A súa mel de castiñeiro foi recoñecida entre as mellores do mundo no prestixioso Black Jar Honey Contest dos Estados Unidos, e suma medallas de ouro e prata en certames internacionais como os London International Honey Awards ou os Paris Honey Awards. Podcast
martes, 17 xuño 2025 José Bugallo deunos todos os detalles sobre o I Curso de iniciación musical que organiza o CMUS Lalín para nenos e nenas de 8 a 14 anos. Este curso, unha proposta lúdica e participativa, desenvolverase do 23 ao 27 de xuño, en horario de 17:00 a 18:00 horas. Podcast
venres, 13 xuño 2025 Co fin de curso e tempada, o equipo de "Cinema Nas Ondas" fai a súa axenda de verán para que non perdas os principais festivais de cinema, series e filmes do período estival! Podcast
xoves, 12 xuño 2025 Falamos con Rafael Cuiña, coordinador do grupo municipal de Compromiso por Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
mércores, 11 xuño 2025 Hoxe falamos con Pablo Romeo, presidente da Asociación Cultural Bolarqueira de Noceda, sobre IX edición do NOCEDA ROCK os días 14 e 15 de xuño na Carballeira de Lamas. Podcast
mércores, 11 xuño 2025 O escritor Xosé de Cea chega ao Círculo de Recreo de Lalín para presentar o seu último ensaio: O que estou a dicir cando digo Altri non, publicado por Edicións Laiovento. Podcast
martes, 10 xuño 2025 Hoxe en Radio Lalín recibimos a Antonio Lamas Carral, presidente da Asociación Veciñal Pena Aguda. Con el falamos da Festa de Verán – San Xoán 2025, unha cita xa clásica para celebrar a noite máis curta do ano con música, gastronomía, sorteos e moita festa! Podcast
venres, 6 xuño 2025 ENTREVISTA CON ARLETTE MARTÍN E JUAN ROMERO | ?? CHARANGA ARDORES Mañá sábado, na parroquia lalinense de Cadrón, a Charanga Ardores dá comezo á súa nova tempada cunha actuación que promete ritmo, festa e moita enerxía. Podcast
venres, 6 xuño 2025 Mañá sábado 7 de xuño ás 12:15 h, a libraría Nigraponte de Lalín encherase de selva, risas e palabras xogonas coa presentación do conto “Que enleada coa piada”, da man da súa autora, Rita Doallo. ?? Un contacontos con colibrís, tucanos e guacamaios pensado para crianzas a partir de 3 anos, e unha oportunidade fermosa para escoitar historias en galego, con ritmo e moita imaxinación. Podcast
xoves, 5 xuño 2025 O sábado 7 de xuño terá lugar a celebración da tradicional festa da Pascuilla de Lamas. Falamos con Pablo Romeo, pedáneo de Noceda e presidente da Asociación de Veciños BOLARQUEIROS Podcast
mércores, 28 maio 2025 T1E7 - Cinema nas Ondas un espazo dedicado á sétima arte. En Cinema nas Ondas, Severiano Casalderrey trae toda a actualidade cinematográfica. Podcast
martes, 27 maio 2025 "Os Números Contan" - T1 E2 en Radio Lalín: A Renda, sen líos! Hoxe falamos con Isabel Rodríguez Reboredo de @ADETIO para desmitificar a declaración da Renda. Podcast
xoves, 22 maio 2025 Hoxe, venres 4 de abril, falamos con Francisco Vilariño, voceiro do BNG de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
venres, 16 maio 2025 Hoxe en Cinema nas Ondas T1E6 con Severiano Casalderrey: ¡actualidade cinematográfica que non podes perder! Podcast
venres, 16 maio 2025 Falamos con Alba Forno, voceira do grupo municipal do PsdeG PSOE e secretaria xeral da agrupación do PsdeG PSOE no Concello de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast