XA ESTÁ OPERATIVA A NOVA BRIGADA MUNICIPAL CONTRA INCENDIOS

XA ESTÁ OPERATIVA A NOVA BRIGADA MUNICIPAL CONTRA INCENDIOS
Luns 27 de Agosto de 2018 - A unidade está conformada por 8 operarios dos que 3 son condutores de vehículos motobomba, un capataz, 3 peóns e outro condutor especialista.

A brigada municipal contra incendios incorporouse hoxe  foi recibida polo alcalde, Rafael Cuíña, e polos concelleiros de Rural e Emprego, Miguel Medela e José Manuel Fernández. A unidade está conformada por 8 operarios dos que 3 son condutores de vehículos motobomba, un capataz, 3 peóns e outro condutor especialista. A brigada estará operativa por 3 meses, cubrindo así o perído de maior risco de incendio forestal

O alcalde e os concelleiros déronlles a benvida e desexáronlles moita sorte nas súas funcións, agardando, non obstante que non sexa precisa a súa presencia en moitos incendios. Os membros do Goberno recalcaron o traballo fundamental que vai desenvolver este corpo nos vindeiros meses tanto no mantemento de camiños e mellora de infraestruturas de prevención e extinción, así como de ser preciso, na loita contra o lume.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín