Vidal Souto será o cartelista da XLV Feira do Cocido de Lalín

José Crespo no taller de Vidal Souto ollando carteis anteriores da feira
Luns 12 de Novembro de 2012 - O Corpiño acollerá a XIV Matanza Tradicional no entorno do santuario que dende hai unhas semanas está a ser acondicionado. Esta será a primeira ocasión en que esta zona do Concello acolla este evento do Cocido.

O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou que o pintor ourensán José Manuel Vidal Souto será o cartelista da XLV Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o vindeiro 3 de febreiro en Lalín. Vidal Souto comezou a traxetoria creativa en 1970, facendo escultura en pedra e en fariña de millo ao forno. Máis adiante viaxa a Madrid, donde compaxina boxeo e pintura. Anos máis tarde viaxa con frecuencia a Brasil, donde tamén é moi coñecido. A temática constante a través de súa evolución estilística, é o home na natureza. Actualmente desenvolve  o seu traballo  na aldea orensán Oseve.

Vidal é un dos pintores galegos máis relevantes da historia, comparable a figuras como as de Laxeiro, Colmeiro e Lamazares, do que é bo amigo.  Un xornalista defineuno como un pintor que nunca quixo ter en conta as convencións da pintura e, sobre todo, as convencións coas que habitualmente se interpreta a pintura ... Quizais por iso ... a pintura para Vidal Souto sexa xogo antes que nada ou máis ca outra cousa.

Este ano a 14ª Matanza tradicional do Porco celebrarase en O Corpiño, o 20 de xaneiro. Aínda non se celebrara ningunha matanza nesa zona do Concello e este ano é unha boa ocasión, aproveitando que para daquela estarán case rematadas as obras de humanización do santuario de O Corpiño, explicou o alcalde.

Por outra banda, o XIX Premio nacional de xornalismo gastronómico “Álvaro Cunqueiro” presentarase a volta de dez días  na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no campus de Pontevedra. O alcalde explicou que "darémoslle un novo pulo á participación dos xornalistas noveles ca implicación do decano da Facultade de Xornalismo de Santiago, Xosé Pereira, e o seu homólogo de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho".

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín