PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS SELECCIONADAS PARA O OBRADOIRO DE EMRPEGO “FORESTA LALÍN”

PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS SELECCIONADAS PARA O OBRADOIRO DE EMRPEGO “FORESTA LALÍN”
Martes 30 de Outubro de 2018 - Rematado o proceso selectivo, o obxectivo do Concello é que o obradoiro dea comezo a principios do mes que vén. “Creo que as facetas nas que se van formar os alumnos-traballadores teñen moita saída -indicou José Manuel Fernández- polo tanto este obradoiro será moi proveitoso para que os participantes consigan a empregabilidade” .

O concelleiro de Comercio e Emprego, José Manuel Fernández, lembrou que xa está publicadas as listas definitivas co persoal docente e alumno-traballador seleccionado para participar no obradoiro de emprego posto en marcha polo Concello de Lalín denominado “Foresta Lalín”. As listas pódense consultar no taboleiro de anuncios do consistorio.

En total seleccionáronse 10 alumnos-traballadores para a especialidade formativa de repoboación forestal e tratamento silvícola e outras 10 persoas para a modalidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Así mesmo, seleccionouse 1 titor/a e 1 experto ou experta docente de repoboación forestal e tratamento silvícola e 1 experto ou experta docente en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

José Manuel Fernández informou de que unha vez rematada a fase de selección de participantes só queda recibir o “ok” definitivo da Xunta para botar a andar o obradoiro canto antes, agardando poder activalo a comezos de novembro. O obradoiro Foresta Lalín -explica Fernández- ofreceralle aos participantes unha formación moi importante e encamiñada a unha mellora da empregabilidade cuns traballos que contribuirán ademais a xestión forestal, unha área con moito potencial no noso concello, e á loita contra incendios, unha problemática da que Lalín non é un concello alleo. Creo que as facetas nas que se van formar os alumnos-traballadores teñen moita saída -incidiu o edil- e considero, polo tanto, que este obradoiro será moi proveitoso para que os participantes consigan a empregabilidade.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín