O próximo domingo, 18 de novembro, terá lugar, ás 12.00 horas, no Museo Municipal, un encontro dixital interactivo dos “Axóuxeres”, un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, desenvolvido no marco da iniciativa Fala Redes da Rede Galega de Dinamización Lingüística na que está integrada o Concello de Lalín, está orientado a favorecer a transmisión familiar da lingua galega.
Este encontro dixital cos “Axóuxeres” é unha nova iniciativa destinada a cativos de 3 a 6 anos que incopora música, xogos e palabras e nos que os nenos e nenas vivirán unha nova aventura con Pelouro, Roi, Moncho, Iria e outros personaxes destes bonecos. Con esta acción preténdese axudar aos pais e nais a manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles espazos de lecer para a familia en lingua galega e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego cos fillos. A entrada é de balde ata completar aforo.
Máis información:
http://www.xunta.es/linguagalega/os_axouxeres_2012
e nas redes sociais: www.facebook.com/axouxeres - www.twitter.com/OsAxouxeres