O IMPULSO DO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POR LALÍN, A INTERNACIONALIZACIÓN DA FEIRA DO COCIDO E UNHA PROGRAMACIÓN CULTURAL ESTABLE, PRINCIPAIS ASUNTOS QUE CRESPO TRATOU CON ROMÁN RODRÍGUEZ

Crespo e Rodríguez nun momento do encontro celebrado o 17 de xuño
Luns 24 de Xuño de 2019 - O apoio ao emprendemento xuvenil e a potenciación da Casa da Xuventude foron as principais demandas que o rexedor lle plantexou á directora xeral de Xuventude

José Crespo Iglesias dedicou boa parte da mañá do primeiro día de mandato como alcalde a iniciar a rolda de contactos institucionais con outras administracións para tratar temas urxentes para Lalín. Comezou esta quenda de entrevistas reuníndose con dous altos cargos lalinenses no Goberno galego, co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e coa directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

Facer do Camiño de Santiago unha grande oportunidade para Lalín e convertelo así nun revulsivo económico e social foi un dos principais asuntos que trataron Crespo e Rodríguez. Neste sentido, falaron da dinamización das dúas rutas xacobeas que discorren por territorio lalinense, a Vía da Prata e o Camiño de Inverno, a fin de que actúen como elemento catalizador da economía lalinense e de que Lalín sexa referente do Camiño.

Entre os temas urxentes que Crespo lle plantexou a Román Rodríguez figura tamén a internacionalización da Feira do Cocido e a colaboración no eido cultural para lograr unha programación estable e de calidade e a potenciación do Espazo Liñares.

Reunión con Pichel

O apoio ao emprendemento xuvenil; a potenciación do Espazo Xove e a posta de accións que favorezan a orientación profesional foron os principais asuntos que Crespo lle solicitou á directora xeral de Xuventude.

Xuntanza cos traballadores e co equipo de goberno

Antes de partir a Santiago para manter os dous encontros institucionais de traballo, Crespo mantivo a primeira hora da mañá un encontro cos traballadores do Concello e de seguido unha xuntanza co seu equipo de goberno para sacar adiante temas urxentes.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín