O GOBERNO MUNICIPAL INICIA A ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA O VINDEIRO ANO

O GOBERNO MUNICIPAL INICIA A ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS PARA O VINDEIRO ANO
Martes 1 de Septembro de 2015 - As contas municipais priorizarán o investimento en políticas sociais, a recuperación do rural e a dinamización económica, social e cultural do concello.

Os membros do Goberno de Lalín mantiveron onte a primeira xuntanza que para traballar na elaboración do orzamentos municipais de 2016. O encontro foi o primeiro dos que se van desenvolver ao longo de este mes co obxectivo de que as contas do Concelllo estean listas para a súa aprobación antes de que remate o ano.

O encontro desenvolvido onte serviu para concretar as principais liñas estratéxicas que sentarán as prioridades do Goberno local de cara ao ano que vén. Son tres os principais eixos que van definir o documento orzamentario de 2016.

O primeiro deles é o impulso ás políticas sociais, que nun momento de crise como o actual deben ser as que marquen toda a actuación do Goberno. Desta maneira apostarase polo benestar da veciñanza, atendendo ao mandato recibido do pobo nas pasadas eleccións para que agora sexan as persoas que máis o necesitan as que estean no centro das decisións políticas.

O segundo eixo prioritarios dos vindeiros orzamentos será unha aposta clara e decidida pola recuperación é rehabilitación do rural. O Goberno márcase como obxectivo facer os investimentos necesarios para que as reverter a situación de claro abandono no que se atopaban as parroquias e aldeas de Lalín.

O terceiro eixe que definirá as prioridades dos orzamentos municipais será o firme impulso á dinamización social, económica e cultural do concello. Neste obxectivo cobra unha importancia fundamental o inicio do proxecto de peonalización de rúas, que será en gran parte posible grazas á compra do parking Europa, en cuxa prezo o Goberno acadou un aforro de 400 mil euros sobre o inicialmente negociado polo Partido Popular.

O Goberno municipal de Lalín insiste en que se vai facer pouco investimento directo en infraestruturas e moito en benestar, coa intención de pasar da política do despilfarro en cemento á política de investimento nas persoas e as súas necesidades. As reunións destinadas a traballar na elaboración dos orzamentos continuarán ao longo dos meses de setembro e outubro.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín