O GOBERNO MUNICIPAL APROBA A LICITACIÓN DO PROXECTO DE MELLORA E RENOVACIÓN DO ALUMEADO DO ESTADIO MANUEL ANXO CORTIZO

O GOBERNO MUNICIPAL APROBA A LICITACIÓN DO PROXECTO DE MELLORA E RENOVACIÓN DO ALUMEADO DO ESTADIO MANUEL ANXO CORTIZO
Luns 5 de Novembro de 2018 - ermitirá corrixir os problemas de luz desta instalación, mellorando a luminosidade e, ao mesmo tempo, proporcionando aforro enerxético e económico. O Concello destina a esta actuación un orzamento de 178.334 euros. González Casares e Santiago Castro salientaron a relevancia desta iniciativa, tendo en conta a intensidade de uso do Cortizo e os seus altos índices de consumo enerxético.

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares, e o concelleiro de Deportes, Santiago Castro, informan de que o Goberno municipal vén de aprobar en Xunta de Goberno sacar a licitación o proxecto para a mellora e renovación do alumeado do estadio Manuel Anxo Cortizo. Esta iniciativa desenvolverase ao abeiro do obxectivo temático número 7 da estratexia Lalín Ssuma21, correspondente á mellora da eficiencia enerxética nas instalacións deportivas municipais e financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FERDER) no marco do POCS 2014-2020.

Os concelleiros sinalaron que o proxecto consistirá na substitución do actual sistema de alumeado que dá servizo aos diferentes campos do Cortizo por unha nova modalidade de iluminación con control intelixente e baseado na tecnoloxía LED, que permitirá corrixir os problemas de luz desta instalación, mellorando a luminosidade e, ao mesmo tempo, proporcionando aforro enerxético, económico e unha mellora ambiental debido á redución do consumo e, polo tanto, das emisións de gases contaminantes.

As empresas teñen 15 días naturais dende a aprobación dos pregos de contratación para presentar ofertas. O Concello destina a esta actuación un orzamento de 178.334 euros (IVE incluído) do total do obxectivo temático, que ascende a 370 mil.

Casares e Castro salientaron a relevancia desta ambiciosa iniciativa, tendo en conta a importancia do Cortizo entre as múltiples instalacións deportivas urbanas de Lalín e en vista de que é utilizado por centos de usuarios ca da día e que debido aos seus amplos horarios de funcionamento e á intensidade de uso se producen uns elevados consumos enerxéticos e económicos. O sistema que vai dar luz ao estadio, indican os concelleiros, é comparable ao que se emprega nalgúns campos de primeira división de fútbol, polo que resolverá definitivamente os problemas de iluminación desta instalación. Levará consigo un mecanismo de control intelixente que vai seguir as normas da Smart City e que se poderá conectar á denominada plataforma de cidade. Esta actuación tamén volve demostrar o compromiso do Goberno co deporte local a través da mellora e correcto mantemento das instalacións deportivas.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín