O CONCELLO SOLICITA AO GDR A ACHEGA ECONÓMICA NECESARIA PARA A REAHABILITACIÓN DA PONTE DOS CABALOS

O CONCELLO SOLICITA AO GDR A ACHEGA ECONÓMICA NECESARIA PARA A REAHABILITACIÓN DA PONTE DOS CABALOS
Luns 4 de Marzo de 2019 - Lalín e Agolada manteñen un convenio para a recuperación desta infraestrutura a través dun proxecto orzamentado en 115.273 euros.

O tenente de alcalde de Lalín, Nicolás González Casares, realizou esta semana unha visita á Ponte dos Cabalos acompañada dunha técnico do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), na que se levantou a denominada acta de non inicio, un trámite ordinario e obrigatorio que debe realizarse tras presentar o Concello de Lalín a solicitude formal de subvención ante esta entidade para a rehabilitación da ponte. González Casares sinalou que os trámites para poder acometer esta intervención foron longos e complexos, mais lembrou que xa se dispón do proxecto técnico definitivo e dos permisos de Patrimonio e Augas de Galicia necesarios para a súa execución, polo que só resta que o GDR resolva favorablemente a solicitude da subvención para poder contratar a obra e poñela definitivamente en marcha.

Lalín e Agolada manteñen un convenio para a recuperación desta infraestrutura a través dun proxecto orzamentado en 115.273 euros.

A Ponte dos Cabalos é unha ponte de factura medieval, que data do ano 970. Componse de dous ollos e está construída na súa totalidade en pedra granítica. En todo caso, o seu estado de conservación non é bo, xa que a vexetación invade moitas zonas da ponte e o parteaugas está case totalmente desmoronado, o que supón un grave risco para a totalidade da estrutura. Ademais subidas do río, que se producen cada inverno, fan que exista un serio risco de que caia parte da súa estrutura. Tamén se aprecia a perda ou desprazamento de pezas de cimentación e varias gretas e fisuras.

Coa finalidade de corrixir esta situación o proxecto de rehabilitación prioriza as actuacións máis urxentes, como a reconstrución do parteaugas, a recuperación dos espazos perdidos ou desprazados, a reposición de pezas ao seu lugar orixinal e o desbroce e limpeza profunda da ponte e a súa contorna. Todas estas medidas, xunto con algunhas outras, son imprescindibles para asegurar a conservación da ponte. Ao mesmo tempo, tamén se propoñen outras actuacións de mellora como a instalación de cartelería informativa na zona ou a execución dun acceso á zona inferior da ponte.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín