O CONCELLO RECUPERA A FONTE DE ACEVEDO EN ZOBRA

O CONCELLO RECUPERA A FONTE DE ACEVEDO EN ZOBRA
Xoves 14 de Febreiro de 2019 - Tratábase dunha actuación moi demandada polos veciños e veciñas desta localidade, posto que a fonte levaba anos completamente inutilizada.

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares visitou a parroquia de Zobra para supervisar, entre outars cuestións, as obras de recuperación da fonte situada no lugar de Acevedo. Como sinalou o concelleiro, tratábase dunha actuación moi demandada polos veciños e veciñas desta localidade, posto que a fonte levaba anos completamente inutilizada. Así, amais de restaurala por completo e mellorar a súa estética, pasando de formigón vista a pedra, as canalizacións foron arranxadas e tras moito tempo este manancial volve surtir de auga aos habitantes de Zobra. Casares puido falar con veciñas e veciños da localidade, que lle trasladaron a súa satisfacción e agradecemento por esta actuación que se levou a cabo entre moitas outras postas en marcha para recuperar esta parroquia daurante o presente mandato.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín