O CONCELLO PRESENTA O LIBRO “OS BOLECHAS VAN Á FEIRA DO COCIDO DE LALÍN”

O CONCELLO PRESENTA O LIBRO “OS BOLECHAS VAN Á FEIRA DO COCIDO DE LALÍN”
Luns 4 de Febreiro de 2019 - O volume permitirá difundir de maneira orixinal e divertida esta Festa de Interese Turístico Nacional e os atractivos de Lalín por toda Galicia a través das peripecias deste recoñecido e querido grupo de personaxes Rafael Cuíña e Lara Rodríguez presentaron este mediodía o libro ante máis de 250 alumnas e alumnos de Educación Infantil de diferentes colexios do municipio, os que se lles entregou cadanseu exemplare. O libr, que conta cunha tiraxe de 5.000 exemplares, distribuirase por colexios, bibliotecas e centros públicos de toda Galicia. Os volumes restantes tras a distribución poñeranse á venda en librerías de todo o país, con especial incidencia nas de lalín.

Ante un entusiasmado auditorio composto por máis de 250 nenos e nenas de diferentes centros escolares de Lalín, o alcalde, Rafael Cuíña, e a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, presentaron hoxe o libro “Os Bolcehas van á Feira do Cocido de lalín”. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro dos actos da 51 edición desta Festa de Interese Turístico Nacional e que, a bo seguro, vai permitir difundir a Feira e o municipio de Lalín por toda Galicia grazas á “inestimable colaboración dun dos personaxes de debuxo” máis queridos polas rapazas e rapaces do país. “Os Bolechas van á Feira do Cocido” narra unha nova peripecia deste grupo de amigos que visitan a Estevo, un neno lalinense, que os convidou á Feira.

Con este punto de partida, Os Bolechas viven unha serie de divertidas peripecias para conseguir os ingredientes do prato rei da gastronomía galega, ao tempo que coñecen algúns dos lugares máis emblemáticos do concello, como o observatorio astronómico, o monumento ao Porco, a casa de Ramón María Aller, o monumento a Loriga, o quilómetro Cero, o paseo do Pontiñas, o pazo de Liñares, as alvarizas de Zobra, a biblioteca municipal “Varela Jácome”, a Fraga das Casas Vellas ou o Entroido da Charela. Precisamente, no acto de presentación do libro estiveron esta mañá representantes da Plataforma Slavemos catasós e da organización deste Entroido da Cacharela. Xunto con eles estiveron hoxe alunmas e alumnos de educación infantil dos colexios Sagrado Corazón, Joaqueín Loriga (de Prado), do Xesús Golmar e da Escola Unitaria de Donramiro. Todos os rapaces presentes recibiron o seu exemplar de “Os Bolechas van ao Cocido de Lalín”.

Aínda que está destinado aos máis pequenos da casa, este volume, polo tanto, tamén servirá como unha guía para dar a coñecer a Feira e algúns dos máis salientables atractivos de Lalín. En concreto, esta edición terá unha tiraxe de 5.000 exemplares, dos que se distribuirán por todo Galicia de 4.500 exemplares. Estes últimos irán a colexios de primaria públicos e concertados, bibliotecas públicas, etc. O resto que quede despois da distribución estará á venda en librarías de todo Galicia. Incidirase sobre todo na dispoñibilidade de exemplares nas librarías de Lalín. As previsión da editorial Bolanda é que poida poñerse á venda, a un prezo de 7 euros, en torno ao 11 de febreiro.

Do total da edición, o Concello de lalín recibe 500 libros que repartirá entre os nenos da presentación, os colexios de Primaria de Lalín, Biblioteca Municipal, Museo Municipal, Pazo de Liñares e varios exemplares para a Plataforma Salvemos Catasós, para a Asociación do Entroido da Cacharela, así como para garderías e entidades como Aspadeza, Aranes, Carabelo, Morea....

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín