O CONCELLO PAVIMENTA A PISTA DA MIÑOCA EN PAREIZO

O CONCELLO PAVIMENTA A PISTA DA MIÑOCA EN PAREIZO
Luns 27 de Agosto de 2018 - Este vial foi acondicionado grazas a unha axuda de 100 mil euros procedentes do Plan Marco 2017 que se investiron na súa totalidade en asfaltar esta estrada.

o concelleiro de Rural, Miguel Medela, ás obras de pavimentación da coñecida como pista da miñoca, situada na localidade de Pareizo (Goiás). Este vial, como explicou o concelleiro, foi acondicionado grazas a unha axuda de 100 mil euros procedentes do Plan Marco 2017 que se investiron na súa totalidade en asfaltar esta estrada. Con este proxecto dáse resposta a unha antiga demanda dos veciños e veciñas de Pareizo, con quen o propio alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, adquirira o compromiso de executar estas obras. A pista da miñoca ten preto de 3 quilómetros de lonxitude e dá acceso a varias explotacións agrarias, ademais de a varias vivendas, polo que conta cunha importante circulación de camións, tractores e maquinaria agraria. Antes de ser pavimentada a súa superficie era de terra, de modo que no inverno se formaba moita lama e no verán o paso dos vehículos levantaba moito po, ensuciando as vivendas próximas. Co asfaltado resolveranse estes problemas e facilitarase a actividade agraria nesta zona.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín