O CONCELLO ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DE “LALÍN DIVERSO” O DÍA 30 DE NOVEMBRO PARA SEGUIR DANDO LUZ Á DISCAPACIDADE

O CONCELLO ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DE “LALÍN DIVERSO” O DÍA 30 DE NOVEMBRO PARA SEGUIR DANDO LUZ Á DISCAPACIDADE
Martes 30 de Outubro de 2018 - González Casares explicou que a iniciativa incluirá multitude de actividades dirixidas a público diverso como mostra de que o Concello de Lalín é un concello exemplar nesta cuestión. O concelleiro agradeceu a colaboración de Working Wheels, Morea, Aranes e Aspadeza nestas xornadas que que verán reforzada a súa programación.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos colectivos Worknig Wheels, Aranes, Morea e Aspadeza, co obxectivo de comezar a organizar a segunda edición da iniciativa, Lalín Diverso, un proxecto sobre integración social conformado por varias actividades que se desenvolverá na Praza de Joaquín Loriga o vindeiro día 30 de novembro no marco do Día Internacional da Discapacidade que se conmemora o 3 de decembro.

González Casares explicou que Lalín Diverso incluirá multitude de actividades de visibilización e sensibilización dirixidas a público diverso onde todo o mundo se vexa representado como mostra de que o Concello de Lalín é un concello innovador que traballa a prol da integración social das persoas con algún tipo de diversidade funcional. O responsable de Benestar social explicou que este ano se reforzará a programación e se realizará un esforzo especial para que a iniciativa teña un enfoque máis amplo co obxectivo engadido de que se converta nunha cita anual. A programación completa será presentada proximamente.

O concelleiro puxo en valor esta iniciativa a prol da integración das persoas con diversidade funcional, destacando que non hai persoas con discapacidade, senón con capacidades diversas tal e como se amosará nunha xornada de diversión e sensibilización. Ao mesmo tempo dou as grazas as asociacións organizadoras e a todas as persoas e entidades que colaboran por involucrarse e traballar por visualizar a diversidade e facer que Lalín sexa un exemplo neste eido.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín