O CONCELLO INSTALA UN VALADO DE SEGURIDADE EN BUSTELOS A TRAVÉS DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN

O CONCELLO INSTALA UN VALADO DE SEGURIDADE EN BUSTELOS A TRAVÉS DO PLAN DE CONCELLOS DA DEPUTACIÓN
Luns 3 de Decembro de 2018 - A actuación foi acometida con cargo a unha achega que a Deputación de Pontevedra concedeu mediante resolución de presidencia da Deputación o 21 de decembro de 2017, que autorizou ao Concello de Lalín a cantidade de 12.99,03€.

O Concello de Lalín informa de que se vén de instalar un balado de madeira para mellorar a seguridade viaria e a protección do peón na localidade de Bustelos (Vilatuxe). A actuación foi acometida con cargo a unha achega que a Deputación de Pontevedra concedeu mediante resolución de presidencia da Deputación o 21 de decembro de 2017, que autorizou ao Concello de Lalín a cantidade de 12.99,03€ con destino o financiamento do investimento "ADQUISICIÓN DE DIVERSO MATERIAL DE SEGURIDADE VIARIA E PROTECCIÓN DO PEÓN".PLAN CONCELLOS 2017

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín