O CONCELLO INICIA A DEMOLICIÓN DO ANTIGO COLEXIO MANUEL RIVERO NO MARCO DO PROXECTO DE REXENERACIÓN URBANA DESTE BARRIO

O CONCELLO INICIA A DEMOLICIÓN DO ANTIGO COLEXIO MANUEL RIVERO NO MARCO DO PROXECTO DE REXENERACIÓN URBANA DESTE BARRIO
Mércores 27 de Febreiro de 2019 - Nicolás González Casares, supervisou esta mañá o inicio das actuacións e informou de que estarán concluídas no prazo aproximado dun mes. Como primeiro paso estase a proceder á retirada selectiva de enseres e mobiliario, así como elementos de tabiquería, falsos teitos, escaleiras etc. O montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros, o que permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados.

O Concello de Lalín, tal e como estaba previsto, iniciou hoxe as obras de demolición do antigo colexio Manuel Rivero. Este proxecto enmárcase dentro do proxecto de rexeneración urbanoa do barrio do Manuel Rivero incluído na estratexia Lalín Ssuma 21, cofinanciada nun 80% por fondos FEDER no marco do programa operativo de crecemento sostible, POCS 2014-2020. O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, supervisou esta mañá o inicio das actuacións e informou de que estarán concluídas no prazo aproximado dun mes. Como primeiro paso estase a proceder á retirada selectiva de enseres e mobiliario, así como elementos de tabiquería, falsos teitos, escaleiras etc. Finlamente eliminaranse os muros e as cimentacións ata deixar a zona completamente limpa e explanada.

O ámbito de actuación comprende o total da parcela do antigo colexio Manuel Rivero, cunha superficie de 1.523 metros cadrados, dos que 1.014 están ocupados pola edificación. As edificacións que compoñen o conxunto do antigo colexio son 3: dous espazos docentes de idénticas características e un terceiro edificio que era destinado a ximnasio. Como lembrou González Casares, o montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros, o que permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados e avanzar nun novo modelo de vila, ao tempo que se recupera para o desfrute da veciñanza unha zona que levaba anos en estado de abandono e completamente deteriorada. Na zona do colexio o proxecto contempla a construción dun albergue de peregrinos convertendo o espazo nunha praza. Por outra banda rehabilitaranse as vivendas sociais dos mestres como vivendas de alugueiro de baixo custe e reordenar o tráfico e os aparcamentos na medida do posible desta rúa e convertela nunha rúa de prioridade peonil, entre outras cuestións.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín