O CONCELLO INCORPORARÁ A MAIORÍA DAS PROPOSTAS FORMULADAS POLA VECIÑANZA NA REXENERACIÓN DE PRINCIPAL E LORIGA

O CONCELLO INCORPORARÁ A MAIORÍA DAS PROPOSTAS FORMULADAS POLA VECIÑANZA NA REXENERACIÓN DE PRINCIPAL E LORIGA
Martes 22 de Xaneiro de 2019 - As principais proposicións efectuadas polas persoas asistentes tiveron que ver con cuestións como a disposición dos carga e descarga, as prazas de estacionamento para persoas con discapacidade, o control dos accesos cando a rúa permaneza pechada, os colectores do lixo, a iluminación ou os sumidoiros.

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, informou hoxe de que o Concello de Lalín aplicará ao proxecto de renovación das rúas Principal e Joaquín Loriga mediante a construción de pasarelas peonís, a maioría das propostas formuladas na reunión participativa de onte polos veciños e veciñas. Na xuntanza, que tivo lugar na sala de prensa do concello, ademais do titular de Urbanismo, participaron membros da empresa redactora do proxecto, Promove Arquitectura e numerosos residentes da zona. No encontro reinou o ambiente construtivo e a boa disposición por parte dos asistentes sobre este proxecto incluído na EDUSI Lalín Ssuma 21 cofinanciado nun 80% con fondos europeos FEDER no marco do POCS 2014-2020.

Así, a reunión serviu para avanzar en múltiples detalles relativos ao funcionamento dos servizos das rúas. As principais proposicións efectuadas polas persoas asistentes tiveron que ver con cuestións como a disposición dos carga e descarga, as prazas de estacionamento para persoas con discapacidade, o control dos accesos cando a rúa permaneza pechada, os colectores do lixo, a iluminación etc.

Así, González Casares explicou que o Concello de Lalín vai atender moitas das propostas realizadas pola cidadanía. Entre as principais, apuntou que se realizarán controis de acceso cando a rúa estea cortada ao tráfico, probablemente mediante a utilización de tarxetas personalizadas. Tamén se plantexou reducir o tempo de carga e descarga ás horas realmente necesarias para cumprir con este servizo e para garantir, deste xeito, o adecuado movemento nas rúas. Os veciños mostraron a súa preocupación para que a rede de sumidoiros quede nas mellores condicións posible, adquiríndose por parte da empresa o compromiso de reforzar os sistemas. Así mesmo, retiraranse algunhas prazas de estacionamento para dar paso a elementos de cuberta verde, ao tempo que as prazas restantes se van marcar para facilitar unha mellor ordenación dos vehículos. Por último, os colectores de lixo van estar soterrados mediante un sistema de plataforma elevadora.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín