O Concello de Lalín vén de aprobar a adxudicación definitiva de subvencións municipais destinadas ao desenvolvemento e realización de actividades deportivas para a tempada 2018/2019. En total destináronse a esta orde de axudas 70.000 euros, a mesma cantidade que nos últimos dous anos. Finalmente resultaron beneficiados 16 clubs deportivos do municipio, todos os que solicitaron a prestación nos prazos e na forma establecida no regulamento das subvencións.
Tal e como sinala o concelleiro de Deporte, Santiago Castro, as axudas deportivas municipais deste ano teñen carácter continuista con respecto aos exercicios anteriores, mantendo os 70 mil euros de asignación económica e a firme aposta polo deporte base, de tal xeito que, por terceiro ano consecutivo se abriron dúas liñas de axuda: unha dotada con 50.000 euros para entidades que fomenten o deporte base e a integración social e outra dotada con 20.000 para outros clubs e actividades deportivas.
“O Goberno mantén a filosofía de dar prioridade a aqueles clubs que fomentan e que manteñen unha estrutura de deporte base”. “Tamén se teñen moi en conta aquelas entidades con sección feminina e as que mostran un destacado proxecto social e deportivo”, explica Castro. O Goberno municipal é consciente da importancia do deporte como garante de saúde, calidade de vida e desenvolvemento social, así como do ligada que está a actividade deportiva aos clubs do concello. Neste senso, o executivo aposta polo deporte como unha clara prioridade, procurando a mellora da oferta deportiva en instalacións, formacións e acceso a actividade saudable, apostando, ademais, pola organización de eventos deportivos de referencia no municipio que contribúen á atracción de visitantes e á dinamización socioeconómica de Lalín.
A asignación definitiva das axudas quedou aprobada do seguinte xeito:
Axudas a clubs e actividades deportivas:
CLUB DEPORTIVO LALÍN |
5.065,50 € |
EXTOL-LA GRAMOLA TEAM |
2.194,50 € |
CLUB HIPICO JUAN OLIVEIRA |
2.186,25 € |
VILATUXE FÚTBOL CLUB |
1.542,75 € |
CLUB ESCOLA DE ATLETISMO DEZA |
1.102,20 € |
MOVETE NA MOTO |
1.105,50 € |
ESCUDERIA LALÍN DEZA |
1.089,00 € |
HERDEIROS DE DHAIS |
1.039,50 € |
CLUB CICLISTA MONTES DO DEZA |
887,70 € |
GTR |
511,50 € |
ARCOCELTA |
465,30 € |
CLUB DE MONTAÑISMO A PENIZA |
458,70 € |
ARKEIROS DO DEZA |
442,20 € |
CLUB SOBRE RODAS |
438,90 € |
MENDEZ COMPETICIÓN |
407,55 € |
ESCOLA DEPORTIVA LALÍN F.S |
405,90 € |
CLUB DE TENIS DE MESA |
354,75 € |
BERMÉS |
189,75 € |
Axudas a deporte base:
CLUB BALONMAN LALÍN |
23.940,00 € |
ESCOLA DE FUTBOL LALÍN |
11.936,75 € |
CLUB DE RUGBY LALÍN |
7.598,29 € |
BASKETDEZA |
4.617,76 € |
ESCOLA DE XADREZ LALÍN |
824,60 € |
CLUB VITALQI |
730,17 € |
CLUB KUNG TAI |
315,21 € |