O CONCELLO DE LALÍN CONVOCA O XIII PREMIO ÁS MULLERES “DONA MARUJA GUTIÉRREZ”

O CONCELLO DE LALÍN CONVOCA O XIII PREMIO ÁS MULLERES “DONA MARUJA GUTIÉRREZ”
Luns 11 de Febreiro de 2019 - As bases da convocatoria pódense solicitar na Oficina de Igualdade do Concello de Lalín ou descargalas da web, www.lalin.gal. O prazo de presentación de candidaturas empezará ao día seguinte da publicación do extracto da rematará o vindeiro 25 de febreiro. O premio ten o obxecto de visibilizar e distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e social das mulleres lalinenses no 2019.

As Concellerías de Igualdade e Comercio do Concello de Lalín, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, organizan o XIII premio ás mulleres Dona Maruja Gutiérrez, que ten o obxecto de visibilizar e distinguir a profesionalidade, a capacidade de iniciativa empresarial e a traxectoria persoal e social das mulleres lalinenses no 2019. Este premio nace co fin de difundir as achegas das mulleres á sociedade, promovendo a transformación de estereotipos sexistas e rachando coas situacións de discriminación por razón de xénero, así coma para estimular e recoñecer o esforzo e a traxectoria de mulleres que están desenvolvendo unha labor importante e relevante no ámbito da igualdade de oportunidades, para que serva de exemplo para toda a sociedade e referente para as novas xeracións de mulleres.

O prazo de presentación de candidaturas xa está a aberto dende esta semana e rematará o vindeiro 25 de febreiro de 2019. As candidaturas poderán ser presentadas pola propia interesada ou a instancia de terceiros: particulares, asociacións empresariais, comerciais, culturais, de mulleres, sindicatos...

Poderán optar ao premio:

-Empresarias (titular, promotora e/ou socia principal), con independencia da forma xurídica da súa empresa e con domicilio social en Lalín.

— Mulleres ou Asociacións que destaquen pola súa traxectoria tanto profesional, coma persoal ou no eido social.

O Xurado outorgará catro premios repartidos nas seguintes categorías:

— Xove empresaria.

— Empresaria innovadora.

— Traxectoria profesional “toda unha vida”.

— Mulleres en movemento, para mulleres ou asociacións de mulleres que destaquen pola súa traxectoria profesional, persoal ou social e que traballan polo avance en igualdade.

O premio será valorado por un xurado composto por persoas procedentes dos ámbitos da igualdade e do mundo laboral, empresarial e institucional de Lalín.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín