O CONCELLO AVANZA NA MELLORA E ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DO CORTIZO CON NOVAS ACTUACIÓNS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE DEPORTIVA

O CONCELLO AVANZA NA MELLORA E ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DO CORTIZO CON NOVAS ACTUACIÓNS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE DEPORTIVA
Luns 18 de Marzo de 2019 - Santi Castro anuncia que nas vindeiras semanas se procederá á reparación e reposición do muro perimetral do campo de fútbol O edil de Deportes explica que, para dar resposta ás peticións dos clubes que empregan as instalacións, tamén se substituirá o peche da gaiola de herba artificial e se incrementará ata os tres metros altura do enreixado que dá á estrada para evitar a saída de balóns. Castro recorda que xa concluíron as actuacións para resolver as filtracións na grada que separa o campos de herba natural e artificial e a reposición do valado que delimita a superficie do campo de herba natural. Nas vindeiras semanas iniciarase a renovación integral do sistema de iluminación, cun proxecto de eficiencia enerxética adxudicado en preto de 160 mil euros.

O edil de Deportes, Santi Castro, informou hoxe de que o Concello segue a avanzar na execución das actuacións de mellora do estadio Manuel Anxo Cortizo co obxectivo de dar solución ás múltiples deficiencias coas que se atopou o Goberno municipal ao inicio de mandato. Dentro do programa de intervencións de acondicionamento que se están a desenvolver, o Concello ten previsto acometer nas vindeiras semanas unha nova fase de reparación e reposición do muro perimetral que rodea o exterior das instalacións. Desta maneira daráselle continuidade ao arranxo que xa se realizou hai uns meses arranxou un treito duns 60 metros de construción antiga e que presentaba un desplome cara o exterior que ameazaba co seu derrubamento. A maiores tamén se desenvolveu a reposición da parte do muro exterior que separaba as instalacións dunha vivenda e que presentaba numerosas deficiencias.

Por outra banda, o concelleiro de Deporte tamén anunciou que se vai incrementar a altura da reixa que separa o campo de herba da avenida dos Olmos. Con esta medida incrementarase a seguridade na zona e evitarase a constante saída de balóns cara o exterior co conseguinte perigo que esta situación implica para os vehículos que están estacionados ou circulando. Xa o ano pasado se substituíu boa parte do enreixado que rodea o campo de herba artificial e que tiña algunhas zonas deterioradas e rotas e que, en consecuencia, podían supoñer un risco para a seguridade dos usuarios do campo de fútbol. Nesta liña, Santi Castro tamén explicou que se vai cambiar o enreixado que delimita o campo de fútbol 7, coñecido como gaiola. Ademais, xa remataron as actuacións que se desenvolveron nas últimas semanas para solucionar os problemas de filtración de auga na grada que separa o campo de herba natural do de herba artificial, e que consistiron na substitución duns canalóns que se atopaban completamente oxidados e que provocaban as pingueiras. Dentro desta mesma iniciativa, tamén se mellorou o valado perimetral do campo de herba natural e que se utiliza para delimitar o terreo de xogo, ademais de servir como soporte publicitario.

O edil deDeportes lembra tamén que nas vindeiras semanas se empezará a acometer o proxecto de mellora da eficiencia enerxética, adxudicado en preto de 160 mil euros, e que servirá renovar por completo os sistemas de iluminación de todos os campos do Anxo Cortizo, instalando luminarias LED, dentro dunha actuación centrada en mellorar a luminosidade e, ao mesmo tempo buscar un consumo enerxético sostible e de baixo consumo.

Por último, Santi Castro recorda que o Goberno tamén construíu a nova oficina emprazada no baixo da bancada, con máis de 50 m2 útiles, divididos en diferentes espazos para dar servizo a diferentes equipos deportivos. Ademais tamén se pintaron en varias ocasións as gradas, despois de máis de 10 anos sen que o anterior goberno as tocara e se realizaron actuacións de acondicionamento nos baños e nos vestiarios.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín