O CONCELLO ASINA CON APALC UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ACTÍVATE”

O CONCELLO ASINA CON APALC UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “ACTÍVATE”
Xoves 27 de Septembro de 2018 - O acordo recolle unha axuda municipal de 5.120 euros que permitirán pór en marcha actividades de asesoramento e atención integral destinadas ás persoa con alzheimer e aos seu coidadores. O rexedor e o concelleiro de Benestar social tamén lembraron a tramitación por parte do Concello dunha axuda económica específica de 8 mil euros para a adquisición dun vehículo por parte de Apalc. O Goberno local atópase en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais.

O Concello de Lalín asinou nos pasados días un convenio de colaboración coa Asociación para a Protección de Anciáns de Lalín e Comarca (APALC), mediante o que se establece unha colaboración económica de 5.120 euros que permitirá o desenvolvemento por parte desta entidade do programa “Actívate” de asesoramento e atención integral da persoa con alzheimer e o seu coidador, que está dando inicio e se prolongará durante os próximos. No acto de sinatura do documento participaron por parte do Concello o alcalde, Rafael Cuíña, e o tenente de alcalde de concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares. Por parte de Apalc, estiveron presentes na firma o presidente da organización, Julio Benigno López, e a xerente do centro, María José Batán.

O programa posto en marcha por Apalc a través deste acordo ten a finalidade de favorecer o mantemento duns niveis aceptables de autonomía das persoas con alzheimer, así como aportar ferramentas aos familiares que convivan con estas persoas para que obteñan unha maior calidade de vida. O programa permitirá a participación de 20 persoas usuarias e contará con diferentes iniciativas relacionadas coa valoración inicial e cognitiva dos usuarios e dos coidadores, coa aprendizaxe de técnicas de psicoestimulación ou co desenvolvemento de sesións de tratamento do corpo a través de diferentes exercicios. “Actívate” tamén inclúe sesións de atención e asesoramento á persoa usuaria e á coidadora no caso de que se soliciten.

Rafael Cuíña e Nicolás González Casares fixeron fincapé en que o Goberno local se atopa en cifras récord de colaboración no ámbito dos servizos sociais. Porén, explicou que este proxecto de colaboración con APALC supón “unha nova constatación da aposta do Goberno local polas políticas sociais, un dos piares primordiais da actuación municipal en Lalín para este mandato”. Ambos puxeron de relevo a aposta pola atención ás persoas maiores a través de colaboracións como a presente, tendo en conta a gran cantidade de poboación anciá que rexistra Lalín e a súa contorna, polo que tamén agradeceron o enorme traballo que desenvolve a residencia Nosa Señora das Dores en beneficio deste colectivo.

O rexedor e concelleiro de Benestar social tamén lembraron a tramitación por parte do Concello dunha axuda económica específica para a adquisición por parte de Apalc dun vehículo adaptado para o transporte de usuarios e usuarias da residencia. Coa compra deste vehículo, o centro contará cun medio de transporte adecuado para o transporte das persoas de idade avanzada con dificultades para desprazarse de forma autónoma. Trátase dun recurso moi necesario no centro residencial, pero que alcanza uns altos custes, polo que grazas á colaboración do Concello de Lalín se poderá cubrir esta necesidade.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín