O CONCELLEIRO DE ACTIVIDADE AGRARIA AVANZA QUE O MINISTERIO REPARTIRÁ 110.000 TONELADAS DA RESERVA DE COTA NACIONAL PARA OS GANDEIROS GALEGOS

Fernández defendeu hai semanas o reparto da cota da reserva nacional
Mércores 6 de Agosto de 2014 - O edil explica que “das 262.000 toneladas, un total de 110.000 recaerán en Galicia e de elas unha parte importante recaerán en produtores da comarca de Deza e de Lalín que verán aumentada a súa capacidade de producción nunha media de entre un 6 e un 7%”.

O concelleiro de Actividade Agraria, Manuel Fernández, avanzou hoxe que “tal e como apuntaramos hai un par de semanas como necesario, o Ministerio de Agricultura ven de liberar un total de 262.000 toneladas que se repartirán entre os gandeiros españoles. Un reparto da reserva da cota da que dispón o Estado que permitirá aos gandeiros coñecer aproximadamente cal vai a ser o límite de producción para este campaña 2014-2015 e por tanto actuar en consecuencia”.

 O edil explica que “das 262.000 toneladas, un total de 110.000 recaerán en Galicia e de elas unha parte importante recaerán en produtores da comarca de Deza e de Lalín que verán aumentada a súa capacidade de producción  nunha media de entre un 6 e un 7%”.

O edil lembra que “estábamos a elaborar unha moción no sentido de que o Ministerio liberase cota da reserva nacional que íamos a presentar ao pleno de agosto, tal e como comentamos a finais de xullo, pero o Ministerio xa levou a cabo a acción que entendemos necesaria e beneficiosa para que os gandeiros sepan a que aterse nesta campaña 2014-2015 e teñan un marxe de manobra para evitar a supertaxa”.

Fernández avanza que nos vindeiros días “os gandeiros poderán preguntar nas súas empresas ou agardar a que lle cheguen as comunicacións do Ministerio para saber polo miúdo a cantidade de cota que lle corresponde a cada un dos gandeiros de ese reparto da reserva nacional”. 

O concelleiro entende que “si ben este reparto non é suficiente para paliar a sobreprodución que se leva acumulada si permite aos gandeiros coñecer os límites que se lle marcaran para esta última campaña con cota láctea”. Agradece ao Ministerio que “tivese andado espabilado a hora de reaccionar aos preocupantes datos de sobreprodución dos primeiros meses da campaña”.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín