Novas Concello de Lalín

Novas Concello de Lalín
Luns 16 de Marzo de 2020 - Información Importante Concello de Lalin COVID-19

O BOE de hoxe sábado 4 de abril publica a ORDE DE ACCESO A BONO SOCIAL por parte dos traballadores autónomos que cesaran a súa actividade ou reduciran facturación por COVID-19

Deixámosvos o enlace e un breve resumo da Orde ministerial pola que se establecen estas axudas:

https://www.boe.es/boe/dias/2020/04/04/pdfs/BOE-A-2020-4292.pdf

✅ A Orde, nos anexos, establece o modelo que o consumidor deberá cubrir achegar á comercializadora de electricidade para acollerse á axuda de bono social.

✅ Unha vez recibida a solicitude, acompañada da documentación acreditativa por parte do comercializador de referencia, este ten 5 días hábiles para volver dirixirse ao consumidor no caso de que teña que aportar algunha documentación a maiores para completar a solicitude.

✅ Unha vez tramitada a solicitude de axuda, a comercializadora comunicará mediante correo electrónico ao consumidor o resultado da solicitude, indicando, no seu caso, a data a partir da que procederá á súa aplicación.

DECRETO ESTADO DE ALARMA

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín