LALÍN PON EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA DO SERVIZO DE SUBSTITUCIÓN AGRARIA

As explotación disfrutaran do servizo nas mesmas condicións que en anos anteriores
Martes 26 de Agosto de 2014 - O concelleiro de Actividade Agraria, Manuel Fernández, anunciou que “a Xunta de Goberno de Lalín adxudicou na última sesión a Xuncoga, por unha cuantía de 10.000 euros, o servizo de substitución agraria que o Concello de Lalín ten en funcionamento dende o ano 2008” e polo cal os gandeiros lalinenses poden solicitar o apoio do mesmo para poder atender o coidado da súa explotación en xornadas nas que por motivos de ocio, saúde ou por compromisos personais non poden estar ao fronte de elas.

O concelleiro de Actividade Agraria, Manuel Fernández, anunciou que “a Xunta de Goberno de Lalín adxudicou na última sesión a Xuncoga, por unha cuantía de 10.000 euros, o servizo de substitución agraria que o Concello de Lalín ten en funcionamento dende o ano 2008” e polo cal os gandeiros lalinenses poden solicitar o apoio do mesmo para poder atender o coidado da súa explotación en xornadas nas que por motivos de ocio, saúde ou por compromisos personais non poden estar ao fronte de elas. 

O edil explica que as condicións do servizo son idénticos aos do exercicio anterior en cada servizo custaba 55 euros, aos que se descontaba un 40% en concepto de axuda municipal, tendo que abonar o solicitante do servizo por xornada 33 euros. A adxudicación realizouse a través dun procedemento negociado cunha cuantía de 10.000 euros co que se fai fronte a unha parte do custo do servizo, correndo a outra parte a cargo do usuario.

O edil destaca a importancia deste servizo “porque permite aos gandeiros artellar situacións que doutro xeito serían inasumibles ao necesitar as explotacións unha adicación continua os sete días da semana”. Deste xeito pódense resolver “tanto situacións de emerxencia como enfermidades, compromisos sociais ou momentos de lecer  tamén necesarios quedando as explotacións en mans de persoal experimentado”.

Dende a posta en marcha do servizo aló polo ano 2008, foron 2.292 as xornadas de traballo que se realizaron con cargo ao programa nas diversas explotacións. Nos seis anos de historia, o pasado 2013 foi o terceiro ano en que se solicitaron máis xornadas de traballo sumando 391, detrás de 2009 e 2011 en que se superaron amplamente as 400 xornadas.

En canto aos meses en que máis se solicita o servizo figuran os de verán (xullo, agosto e setembro), coincidindo tamén no momento en que os traballos do campo son máis intensos ou nas campañas de sembra e ensilado de forraxes en maio, xulño e outubro. As solicitudes de servizo no inverno coinciden con baixas prolongadas de algúns dos membros da explotacións ou compromisos puntuais. 

As explotacións que solicitaron o servizo son de lugares das parroquias de Alperiz, Madriñán, Maceira, Goiás, Filgueira, Santiso, Rodis, A Veiga, Vilatuxe, Anseán, Carballeda, Gresande, Soutolongo, Erbo, Muimenta, Barcia, Cercio, Castro e Botos.

O edil lembra que o personal que presta o servizo de substitución e persoal amplamente formado e preparado nos traballos vencellados ás explotacións agrarias e que por tanto pode asumir o traballo e control das mesmas en ausencia dos titulares.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín