LALÍN DIVERSO PRESENTA A CAMPAÑA #ABRAZAADIVERSIDADE PARA DARLLE LUZ ÁS DIFRENETES CAPACIDADES QUE DIFERENZAN E AO MESMO TEMPO FAN IGUAIS A TODAS AS PERSOAS

LALÍN DIVERSO PRESENTA A CAMPAÑA #ABRAZAADIVERSIDADE PARA DARLLE LUZ ÁS DIFRENETES CAPACIDADES QUE DIFERENZAN E AO MESMO TEMPO FAN IGUAIS A TODAS AS PERSOAS
Martes 27 de Novembro de 2018 - A través dun vídeo no que participan usuarios e usuarias dos colectivos lalinenses que traballan con persoas con diversidade funcional, preténdese visibilizar que “a diversidade une e nos fai sentir tan diferentes como iguais ao resto de persoas”. A peza propón a participación do público mostrando o seu respaldo á iniciativa “Lalín Diverso”, mediante a publicación de fotografías de abrazos baixo a etiqueta #Abrazaadiversidade.

O Concello de Lalín e os colectivos, AFEM Morea, Aspadeza, Working Wheels e Aranes, que organizan a segunda edición do programa, “Lalín Diverso”, presentaron hoxe a campaña #Abrazaadiversidade, que se inclúe dentro desta iniciativa. A través dun vídeo no que participan usuarios e usuarias dos colectivos lalinenses que traballan con persoas con diversidade funcional, preténdese visibilizar que “a diversidade une e nos fai sentir tan diferentes como iguais ao resto de persoas”. A peza audiovisual foi moi compartida polas redes sociais e propón a participación do público mostrando o seu respaldo á iniciativa, Lalín Diverso, mediante a publicación de fotografías de abrazos baixo a etiqueta #Abrazaadiversidade.

Deste xeito e como sinalou o tenente de alcalde e concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, a campaña serve para promocionar esta actividade que se celebra o día 30 na praza situada dante da estatua de Joaquín Loriga e noutros Puntos da vila. O edil puxo en valor a importancia de actuacións deste tipo a prol da integración das persoas con diversidade funcional, destacando que non hai persoas con discapacidade, senón con capacidades diversas tal e como se amosará nunha xornada de diversión e sensibilización. O programa do día 30 comezará a partir das 12.00 horas, cunha concentración na Praza da Igrexa a prol da diversidade que, no caso de chuvia, se trasladará ao vestíbulo do concello. A partir das 17.30, na carpa que se instalará na Praza de Loriga, terá lugar unha sesión de xogos cos clubs Atletismo Deza e Basquetdeza. Ás 18.15 masterclass con +Quedanza e, unha hora despois, baile inclusivo con Aspadeza. As actividades continuarán coa sesión de contacontos a cargo de O Correo do Vento, e finalizarán coa lectura dun manifesto pola diversidade (20.30) e coa proxección do vídeo Lalín Diverso e o derribo simbólico do muro dos prexuízos ás 20.45 horas.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín