FUNCIONAMENTO CIM 2018

 FUNCIONAMENTO CIM 2018
Mércores 2 de Xaneiro de 2019 - O CIM do Concello de Lalín dependente da Concellería de Muller e Igualdade a cargo de Mª Jesús Sanchez Fernández, atendeu, no 2018, 570 consultas, , das cales un 43% foron de asesoramento xurídico, un 20% específicas de atención psicolóxica en temas de violencia de xénero e as restantes en información e tramitación de recursos específicos para mulleres como foi as consultas levadas a cabo pola reclamación da devolución da prestación por maternidade, entre outros.

A violencia de xénero segue a ser, un ano máis, un dos problemas da nosa sociedade. A nivel local os CIMs articúlanse como espacios onde se ofrece unha atención integral ás mulleres e impúlsase a prevención e a educación en igualdade .

A erradicación da violencia de xénero, que este ano cobrouse a vida de 46 mulleres e 3 menores, debe ser algo prioritario na axenda política ,social e económica.

O CIM do Concello de Lalín dependente da Concellería de Muller e Igualdade a cargo de Mª Jesús Sanchez Fernández, atendeu, no 2018, 570 consultas, , das cales un 43% foron de asesoramento xurídico, un 20% específicas de atención psicolóxica en temas de violencia de xénero e as restantes en información e tramitación de recursos específicos para mulleres como foi as consultas levadas a cabo pola reclamación da devolución da prestación por maternidade, entre outros.

Ademáis da atención directa e persoalizada coas usuarias , a prioridade na atención e intervención a mulleres vítimas de violencia , e o fomento do asociacionismo femenino mediante a tramitación das subvención municipal para as asociacións de mulleres do Concello, o CIM levou a cabo, a través do departamento de Igualdade, as actividades de sensibilización cara a poboación en datas como o 8 de marzo, día internacional da muller, e o 25 de novembro, día cotra a violencia de xénero.

Así mesmo, e cumprindo un dos eixes do pacto de estado contra a violencia machista como é o reforzo dos servicios municipais de atención e información a vítimas de violencia de xénero, así como o reforzo dos Corpos da Policía Local, o Concello a través do CIM impulsará para o 2019 a inclusión da policía local no sistema de Seguimento integral nos casos de violencia de xénero ( VIOGEN) da Secretaría do Estado de Seguridade do Ministerio de Interior, entre outras medidas, a cargo dos fondos destinados a cada Concello para o cumprimento do pacto de estado en materia de violencia de xénero.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín