CRESPO PROPÓN AO DIRECTOR DE IGAPE A COLABORACIÓN PARA A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE CAPTACIÓN DE EMPRESAS E INVESTIMENTOS PARA LALÍN E TRABALLAR CONXUNTAMENTE EN EMPRENDEMENTO E CREACIÓN DE SOLO INDUSTRIAL

Reunión co director do IGAPE
Venres 6 de Septembro de 2019 - O alcalde mantivo esta mañá un encontro en Santiago con Cividanes Roger no que este se comprometeu a estudar as demandas plantexadas por Crespo e no que aceptou o convite do rexedor a visitar Lalín para manter unha reunión de traballo no Concello e na AED para ir materializando as liñas de colaboración co IGAPE

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, mantivo esta mañá en Santiago un encontro co director do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Juan Manuel Cividanes Roger, que se enmarca dentro da rolda de contactos que vén mantendo cos responsables dos distintos departamentos da Xunta de Galicia neste inicio de mandato a fin de tratar temas de importancia decisiva para Lalín.

Crespo manifestou que “a de hoxe foi unha reunión da que saín moi satisfeito, na que estivemos falando durante máis dunha hora, e na que lle propuxen colaborar para poñer en marcha un Plan de Captación de Empresas e Investimentos (PLAN CEI) e crear unha oficina de emprendemento para Lalín, así como traballar no desenvolvemento de solo industrial para o noso municipio; ademais de propoñerlle que Lalín sexa un concello preferente no programa “Doing Bussiness” para darlle as máximas facilidades ás empresas que queiran vir a asentarse a Lalín, sempre atendendo ás disposicións legais de cada momento”, afirmou.

O alcalde sinalou que “o director do IGAPE comprometeuse a estudar todos estes asuntos; ademais tamén estivemos vendo outras iniciativas nas que poidamos encaixar colaboración: falamos de confección, de Lalín 2000 e da captación de empresas que poderían comezar a súa actividade nunha primeira fase do polígono de Catasós”.

Vindeiro encontro de traballo en Lalín

Ademais tamén o convidei a vir a Lalín, unha invitación que recolleu, comprometéndose Cividanes a efectuar esta visita ao noso concello en canto á súa axenda llo permita”, precisou. “Quedamos de manter unha reunión de traballo no Concello para amosarlle polo miúdo todo o noso potencial, a fin de que o IGAPE nos poida botar unha man nos proxectos de emprendemento para que poidan xerarse novos postos de traballo en Lalín que é o principal obxectivo que temos”, subliñou.

O rexedor sinalou que “despois da dita xuntanza de traballo no Concello, manteremos unha xuntanza coa AED na que se explicarán as principais liñas de axudas do IGAPE e na que falaremos das distintas iniciativas que queremos levar adiante co IGAPE desde o Concello, tanto en materia de emprendemento como de solo industrial”.

Co encontro de hoxe xa deixamos abertos os contactos para que Lalín poida ser depositario dos proxectos do IGAPE e agardamos que tras a vindeira reunión que manteremos no noso Concello se abra unha nota etapa na captación de empresas para Lalín que redunde na creación de postos de traballo no noso concello que é a nosa prioridade número neste mandato”, apuntou.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín