CRESPO INTERÉSASE ANTE A DIRECTORA DE AGUAS DE GALICIA POLA SITUACIÓN ACTUAL DE EXECUCIÓN EN QUE SE ATOPAN OS FONDOS FEDER DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN CONTEMPLADOS PARA LALÍN

Crespo reuniuse coa directora de Augas de Galicia
Xoves 27 de Xuño de 2019 - O alcalde sinala que o estudo de diagnóstico que ten en marcha a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sobre o estado no que se atopa o saneamento de Lalín, vai ser fundamental á hora de executar o Plan Integral de Saneamentos

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, vénse de reunir coa directora de Augas de Galicia, Teresa Mª Gutiérrez López, continuando coa rolda de contactos institucionais coa Xunta de Galicia. Un encontro no que o rexedor lle plantexou a Gutiérrez en que situación de execución se atopan os fondos Feder de saneamento e depuración contemplados contemplados para Lalín.

Así Crespo interesouse tamén por coñecer en que estado se atopa o Plan Director do Saneamento do centro urbano de Lalín, unha vez que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o sacou a licitación en abril por importe duns 300.000 euros. O obxecto deste Plan é “facer un diagnóstico de como está o saneamento en Lalín, que abrangue tanto as dúas depuradoras de Lalín -a depuradora principal e a de Botos-, a de Vilatuxe e a de a de Prado, e tamén a situación na que se atopa a separación de fecais e pluviais no casco urbano”, explica o rexedor.

Un estudo de diagnóstico sobre o que me informaron que neste momento están facendo o proceso de selección de empresas”, sinala Crespo. “Unha vez se faga a adxudicación -engade- poñerémonos en contacto coa empresa seleccionada para facilitarlles os traballos, de tal maneira que o resultado final sexa impecable sobre o diagnóstico”. Neste sentido o alcalde sostén que “o diagnóstico vai ser fundamental á hora de executar o Plan Integral de Saneamentos de Lalín”.

A este respecto Crespo precisa que “o importe estimado da operación Feder de saneamento e depuración é de 3,6 millóns de euros, dos que haberá que detraer eses 300.000 euros do estudo, quedando a partida restante para acometer as obras, de acordo coa prioridade que marque a empresa que faga o estudo”.

Subliña que “este estudo vai valer fundamentalmente para marcar cales son as liñas mestras para que as augas residuais de Lalín teñan o tratamento indicado no que se refire ás dúas depuradoras de Lalín, á de Vilatuxe e á de Prado”. Precisa que “unha parte dos traballos poderá acometelos a Xunta de Galicia a través destes fondos Feder e outra parte teremos que acometela con cargo ao Concello de Lalín”.

O ideal é que cando se remate o diagnóstico do Plan Director do Saneamento, poder xa organizar convenientemente a execución das actuacións”.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín