Os campamento deste verán terán tres quendas: do 20 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 28 dese mesmo mes. O programa de actividades desenvolverase de 16:00 a 20:00 horas.
Os campamentos levaranse a cabo na zona do Albergue de Mouriscade e no propio casco urbano; para o campamento de Mouriscade o concello porá autobuses en diferentes puntos para o traslado dos rapaces/as.
As actividades destes campamentos buscan facilitar a conciliación e as actividades serán similares ás de anos anteriores, con xogos cooperativos e saídas a lugares de interese.
Na paxina web do concello, na seción de xuventude-actividades, poderanse descargar os diferentes papeles de inscrición.