PERSOAS BENEFICIARIAS
Familias do Concello de Lalín que se encontren en situación de desvantaxe social con menores de idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos de idade.
ACTUACIÓNS:
Recadación dos agasallos no DESVÁN MUNICIPAL (xoguetes, xogos educativos, material escolar, roupa, etc) ubicado na rúa Memorias dun neno labrego nº14 - baixo de luns a venres en horario de 9:00h a 15:00h dende o día 3 de decembro de 2018 ata o 3 de xaneiro de 2019. As persoas de referencia son Yoleida González e Diana Peña.
***Calquera persoa ou entidade que non poda achegar a súa doazón neste horario poderá concretar outra data e horario de entrega chamando ao Concello de Lalín 986 78 70 60 (persoa de referencia Eva Prieto).
Convidamos a institucións, asociación, empresas ou persoas individuais a colaborar publicitando a campaña ou organizando algunha inicitiva solidaria para que tódalas persoas interesadas podan participar na Campaña “NINGÚN NENO E NENA SEN XOGUETE” 2018.
Os agasaios entregaranse na primeira semana do mes de xaneiro.